Blog · Preguntas frecuentes sobre os exames CELGA (FAQ)

Preguntas frecuentes sobre os exames CELGA (FAQ)

Se estás pensando en presentarte a un exame Celga, seguramente che xurdan moitas dúbidas: cando son, canto custan, que niveis existen, se caducan… Neste artigo recollemos as preguntas máis frecuentes sobre os exames Celga, cunha resposta clara e actualizada.

Que son os exames CELGA?

O Celga (Certificado de Lingua Galega) é o sistema oficial de certificación do nivel de galego. Consta de cinco niveis (do 1 ao 5) que corresponden aos niveis do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL):

  • CELGA 1 → A2
  • CELGA 2 → B1
  • CELGA 3 → B2
  • CELGA 4 → C1
  • CELGA 5 → C2

Para que serve o CELGA?

O Celga é útil para:

  • Presentarse a oposicións en Galicia (moitas veces é requisito o Celga 4).
  • Traballar na administración pública ou en empresas que requiren galego.
  • Acreditar oficialmente o teu nivel, recoñecido tamén fóra de Galicia.

Onde se fan os exames CELGA?

Actualmente as probas realízanse en:

  • Santiago de Compostela → CELGA 1, 2, 3 e 4
  • Ponferrada → CELGA 2, 3 e 4
  • Madrid → CELGA 2, 3 e 4

Cando se convocan os exames CELGA?

Hai dúas convocatorias ao ano:

  • Primeira: maio-xuño
  • Segunda: novembro

Canto custa presentarse ao CELGA?

A taxa oficial é de arredor de 18 € por exame (pode variar segundo a convocatoria). Certos colectivos teñen dereito a bonificación ou gratuidade.

Caduca o título CELGA?

Non. O Celga é un título oficial que non caduca. Unha vez superada a proba, o certificado é válido de forma permanente.

Que pasa se suspendo?

Poderás volver presentarte na seguinte convocatoria (en maio-xuño ou en novembro). Non existe límite de veces para repetir o exame.

Onde podo atopar modelos de exame CELGA?

Na web oficial lingua.gal podes descargar exames anteriores. En Cursos.gal atoparás esos mesmos exames resoltos.

Que podes ler aquí?

Outros artigos