Última actualización: 23/03/2026
1. IDENTIFICACIÓN DO RESPONSABLE
A presente páxina web, dispoñible en cursos.gal, pertence a MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L., con domicilio en Lugar A Torre, 16. Orbazai. 27297 – Lugo, con CIF B75339333 e correo electrónico de contacto info@cursos.gal.
2. PROCESO DE COMPRA
- Para adquirir un curso, o usuario debe facilitar os datos mínimos necesarios: nome, apelidos, email, dirección, código postal, cidade e provincia.
- A compra realízase a través da pasarela de pagamento segura STRIPE.
- Unha vez completado o pago, o usuario recibirá acceso inmediato ao curso adquirido.
- O usuario debe crear unha conta con email e contrasinal para acceder aos cursos.
3. CONDICIÓNS DO SERVIZO
- Os cursos adquiridos poden visualizarse de forma ilimitada desde a conta de usuario.
- A páxina web non ten data de peche, polo que mentres que estea online terás acceso a todos os contidos. En todo caso, garantímosche un mínimo de 24 meses de acceso desde a data de compra.
- Dado que se trata dun produto dixital de acceso inmediato, non se admiten devolucións nin reembolsos.
4. DEREITO DE DESISTIMENTO
De acordo coa normativa de comercio electrónico, ao tratarse de produtos dixitais de acceso inmediato, non se ofrece dereito de desistimento tras a compra.
5. PROPIEDADE INTELECTUAL
Todos os contidos dispoñibles en cursos.gal son propiedade de MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L., agás indicación expresa en sentido contrario.
6. GARANTÍAS
Os cursos están elaborados co obxectivo de ofrecer formación de calidade. Porén, non se garante un resultado específico ou éxito en aplicacións persoais ou profesionais dos contidos aprendidos.
7. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
As presentes condicións ríxense pola lexislación española. Para calquera disputa, someterase aos xulgados e tribunais de Lugo, salvo que a normativa estableza outra xurisdición obrigatoria para o usuario consumidor.
8. USO DA CONTA E ACCESO AOS CONTIDOS
A conta de usuario é persoal e intransferible. Está expresamente prohibido compartir o acceso coa conta a terceiros, así como a realización de accesos simultáneos desde múltiples dispositivos ou localizacións que poidan indicar un uso compartido.
O acceso aos cursos está reservado exclusivamente á persoa que realiza a compra. Calquera uso indebido da conta, como a difusión dos contidos a persoas alleas ou a súa distribución, reproducción ou comunicación pública sen autorización expresa de MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L., suporá a suspensión inmediata do acceso e, se procede, a accións legais correspondentes.
A plataforma pode realizar controis automatizados para detectar usos anómalos ou non autorizados das contas de usuario.
9. SOPORTE E RESOLUCIÓN DE DÚBIDAS
Os cursos ofrecidos en cursos.gal non inclúen soporte individual nin asesoramento personalizado.
Como parte do servizo, a plataforma pode ofrecer unha funcionalidade de Preguntas e Respostas onde os usuarios poden enviar dúbidas relacionadas co contido do curso. As respostas serán elaboradas polo equipo docente e publicadas para consulta do alumnado correspondente ao mesmo nivel.
Este sistema non implica a prestación dun servizo de titorización nin garante resposta inmediata, resolución completa de todas as consultas nin atención individualizada.
MEDRA CO TEU NEGOCIO S.L. resérvase o dereito de priorizar, seleccionar, modificar ou non responder aquelas consultas que non estean directamente relacionadas co contido do curso ou que non se consideren de interese xeral.
Así mesmo, esta funcionalidade poderá ser modificada, limitada ou eliminada en calquera momento sen previo aviso.