Blog · Xa podes matricularte nas probas CELGA 2026

Xa podes matricularte nas probas CELGA 2026

A Xunta de Galicia xa publicou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas para obter os certificados oficiais de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Isto significa que xa está aberto o prazo para matricularse nas probas deste ano.

Se estás a preparar o exame en Cursos.gal, é un bo momento para revisar o calendario e facer a inscrición.

Prazo de inscrición

O prazo para presentar a solicitude é de 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A inscrición realízase a través do formulario oficial da Xunta e require pagar a taxa de exame correspondente, que actualmente é de 16,92 € por cada nivel.

Como matricularse nas probas CELGA

Para inscribirte nas probas debes seguir estes pasos:

1. Cubrir a solicitude oficial
Debes completar o formulario do procedemento PL500C, no que indicarás o nivel ao que queres presentarte e a cidade onde queres facer o exame.

2. Presentar a solicitude
A solicitude pode presentarse de dúas formas:

  • En liña, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
  • Presencialmente, en calquera rexistro oficial da administración

3. Pagar a taxa do exame
Para formalizar a matrícula hai que pagar a taxa correspondente, que é de 16,92 € por nivel. O pagamento pode facerse:

  • directamente na sede electrónica
  • mediante a Oficina Virtual Tributaria
  • ou de forma presencial nunha entidade bancaria colaboradora

4. Gardar o xustificante
É importante conservar o xustificante do pagamento da taxa, xa que forma parte da documentación da solicitude.

Cando serán os exames

Segundo a convocatoria oficial, as probas celebraranse entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026.

Os exames realizaranse nas seguintes cidades:

  • Santiago de Compostela – Celga 1, 2, 3 e 4
  • Ponferrada – Celga 2, 3 e 4
  • Madrid – Celga 2, 3 e 4

As datas exactas e os horarios publicaranse máis adiante na web da Secretaría Xeral da Lingua.

Como son as probas

Todos os niveis inclúen unha proba escrita e unha proba oral.

A duración aproximada das probas é a seguinte:

  • Celga 1 e Celga 2: 2 horas de exame escrito + 10 minutos de oral
  • Celga 3: 2 horas e media de exame escrito + 15 minutos de oral
  • Celga 4: 3 horas de exame escrito + 15 minutos de oral

A proba oral adoita realizarse o mesmo día que a escrita.

Recursos para preparar o exame en Cursos.gal

Se estás matriculado en Cursos.gal, lembra que na plataforma tes numerosos recursos para preparar o exame:

  • modelos de exames CELGA resoltos
  • guías para preparar cada proba
  • cuestionarios tipo exame
  • actividades de repaso
  • xogos interactivos
  • vídeos explicativos

Todos estes materiais están pensados para que poidas practicar co formato real das probas e chegar ao exame con máis seguridade.

Se aínda non fixeches a inscrición, revisa o prazo e matrículate canto antes nas probas CELGA 2026.

Que podes ler aquí?

Outros artigos

Busca un termo ou conxuga un verbo

Editar imaxe de usuario

Escolle unha nova imaxe *
Tamaño máximo de arquivo: 1 MB