Curso

Celga 3. Nivel intermedio de galego

Estado actual

No Inscrito

Precio

99 €

Primeros pasos

Benvido/a ao curso de preparación do Celga 3!

Se estás aquí é porque queres mellorar o teu galego e acadar unha comunicación fluída en situacións cotiás e profesionais. Este curso darache as ferramentas necesarias para superares as probas do Celga 3.

Como funciona o curso?

  • Accede directamente aos módulos e leccións dende esta páxina.
  • Marca o teu progreso a medida que completes cada tema.
  • Fai os cuestionarios e repasa as veces que queiras.

Que é o Celga 3?

O Celga 3 é un dos cinco niveis do sistema de certificación oficial de lingua galega. Acredita un nivel intermedio de coñecemento e úsase para moitas oposicións, postos públicos e traballos que requiren galego.

Con este nivel serás capaz de:

  • Comprender textos orais e escritos de certa complexidade e distinguir os elementos principais dos secundarios.
  • Producir textos comprensibles e cun alto grao de corrección normativa sobre temas diversos.
  • Defender un punto de vista sobre cuestións xerais e indicar os proles e os contras das distintas opcións.
  • Desenvolverte sen moitas dificultades en contextos en que o galego é lingua de traballo e interacción.

Prepara o exame con seguridade!

Agora é o momento de comezar. Colle papel e boli para faceres os teus apuntamentos, escolle un módulo e dá o primeiro paso!

A solución aos xogos

Segundo avances no curso atoparás numersosos xogos. O seu obxectivo é poder aplicar dun xeito sinxelo e dinámico o aprendido na teoría inmediatamente anterior. Se logo de intentalo non dás coa solución, a resposta aparecerá nun símbolo de “?” cando falles 3 veces.

Non confundir cos tests que atoparás ao finalizar moitos dos temas, que están pensados en formato exame e cuxa solución poderás comprobar ao completalo.

Contenido del Curso

Módulo 0. Comeza con bo pé! 3 Temas

Estado actual

No Inscrito

Precio

99 €

Primeros pasos

Busca un termo ou conxuga un verbo

Contenido del Curso

Módulo 0. Comeza con bo pé! 3 Temas