Blog · Primeira sesión en directo de preguntas e respostas en Cursos.gal

Primeira sesión en directo de preguntas e respostas en Cursos.gal

En Cursos.gal temos un obxectivo moi claro: que aprender galego sexa sinxelo, accesible e adaptado ao que cada persoa necesita.

A nosa fórmula consiste en avanzar ao teu ritmo sen depender de horarios.

Mais hai algo que sempre sucede cando estudamos unha lingua: aparecen dúbidas. Pequenas cuestións de gramática, diferenzas de uso, palabras que non soan iguais en todos os sitios… E sabemos que esas preguntas son normais, forman parte do proceso de aprendizaxe.

Por iso, este outono queremos dar un paso máis: imos facer a primeira sesión en directo de preguntas e respostas para todo o alumnado da plataforma.

Como funcionará a sesión

  • O encontro será o 8 de outubro ás 19:00 h.
  • Todo o alumnado pode enviar xa as súas preguntas para que as preparemos.
  • Reuniremos as dúbidas máis habituais e responderémolas en directo.
  • O vídeo quedará dispoñible dentro da plataforma para que poidas velo cando queiras.

Non é necesario inscribirse nin pagar máis. Se formas parte de Cursos.gal, tes acceso directo.

Por que facemos isto

Este tipo de recursos non estaban previstos inicialmente, mais queremos probalos e ver como vos axudan a avanzar. Se funcionan e resultan útiles, repetiranse con máis frecuencia.

De feito, esta sesión é só o primeiro dos formatos que estamos a preparar de cara aos próximos meses. O noso obxectivo é que Cursos.gal non sexa só un lugar onde preparar un exame Celga, senón tamén un espazo ao que entrar sen presión, simplemente co desexo de mellorar o teu galego.

Haberá máis novidades, máis xogos, máis vídeos e máis actividades para practicar. E todo isto estará dispoñible para quen xa forme parte da comunidade de Cursos.gal.

É o momento perfecto para entrar

Se xa tes un curso en Cursos.gal, non perdas esta oportunidade. Envía a túa pregunta, acompáñanos en directo e aproveita este recurso.

E se aínda non te decidiches, agora é o momento perfecto. Ao matricularte, non só terás acceso a todo o contido teórico e práctico dos cursos de nivel iniciación, intermedio ou avanzado, senón tamén a novidades coma esta sesión en directo e outras que virán.

Aprender galego non ten por que ser complexo nin aburrido. Con Cursos.gal podes avanzar ao teu ritmo, con materiais actualizados e, cada vez máis, con recursos que fan a experiencia máis viva e completa.

Únete hoxe mesmo!

Se estás preparando un exame oficial ou simplemente queres mellorar o teu galego, non o deixes para máis adiante.

Únete aquí, non agardes máis!

Que podes ler aquí?

Outros artigos

Busca un termo ou conxuga un verbo

Editar imaxe de usuario

Escolle unha nova imaxe *
Tamaño máximo de arquivo: 1 MB