Se queres obter un certificado oficial de galego, as probas do Celga son o camiño. Xa temos a convocatoria aberta para este ano, e aquí explicámosche todo o que necesitas saber para inscribirte sen perder detalle.
Cando serán os exames?
As probas dos distintos niveis Celga (do 1 ao 4) están previstas para o mes de maio de 2025. As datas exactas publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG) e tamén no Portal da Lingua Galega, que é a páxina oficial onde atoparás toda a información actualizada.
Onde se realizan os exames?
Este ano poderás facer o exame en tres localizacións diferentes:
- Santiago de Compostela
- Ponferrada
- Madrid
As sedes concretas e os horarios publicaranse xunto coas listaxes definitivas de persoas admitidas, tamén no Portal da Lingua Galega.
Como facer a inscrición?
Para inscribirte, terás que seguir estes pasos:
- Cubrir o formulario oficial de solicitude (modelo PL500C).
- Realizar o pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame.
Todo isto debe facerse dentro do prazo establecido. Tes toda a información nesta ligazón.
Cando é o prazo de inscrición?
O prazo para presentar a solicitude e facer o pagamento será de 15 días hábiles, que contan desde o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG.
Este ano, ese prazo vai do 10 ao 28 de marzo de 2025.
Buscas un curso online para preparar as probas?
Se estás a preparar algún dos niveis do Celga, lembra que en cursos.gal ofrecemos formación específica para o CELGA 4, adaptada ao contido oficial e con acceso ás actualizacións futuras.
Non deixes pasar o prazo!
Se queres certificar o teu nivel de galego, agora é o momento de dar o paso.


