199,00 € O prezo orixinal era: 199,00 €.99,00 €O prezo actual é: 99,00 €.
Curso nivel Celga 4. Galego avanzado
Mellora o teu galego a un nivel avanzado e medra na túa vida profesional e persoal con este curso paso a paso. Non só para aprobar un exame, senón para falar, escribir e comprender con seguridade.
Sabemos que moita xente busca “o título” para unha oposición, mais tamén sabemos que o galego é moito máis que un trámite. Por iso, este curso vai máis alá de preparar o exame: axudarache a pensar, escribir e falar cun galego claro, fluído e actualizado.
11
Módulos
71
Leccións
30
Tests
55
Materiais e xogos
Mellora o teu galego a nivel avanzado. Non só para aprobar un exame, senón para falar, escribir e comprender con seguridade.
Este curso está pensado para ti se queres acadar un nivel avanzado de galego, xa sexa para:
✅ Mellorares a túa comunicación profesional e persoal.
✅ Sentires que dominas de verdade o galego, sen dúbidas nin inseguridades.
✅ Superares o exame oficial do CELGA 4.
Sabemos que moita xente busca “o título” para unha oposición, mais tamén sabemos que o galego é moito máis que un trámite. Por iso, este curso vai máis alá de preparar o exame: axudarache a pensar, escribir e falar cun galego claro, fluído e actualizado.
Que é o CELGA 4?
O CELGA 4 é un dos cinco niveis de certificación oficial da lingua galega. Correspóndese cun nivel avanzado (equivalente ao C1 do Marco Europeo) e serve para acreditar a túa competencia lingüística tanto na vida cotiá como no ámbito profesional.
Que che permite facer este curso?
Unha vez superado o curso, serás quen de:
- Comunicarte con fluidez e seguridade en galego, tanto en contextos formais como informais.
- Producir textos claros, coherentes e ben estruturados sobre calquera tema.
- Comprender textos complexos, incluso con matices e dobres sentidos.
- Ter as ferramentas para afrontar o exame oficial CELGA 4 cos contidos ben asimilados e sen sorpresas.
A quen vai dirixido?
Este curso é para ti se:
- Queres ter as ferramentas para superar o exame CELGA 4.
- Precisas mellorar o teu galego para traballar, falar ou escribir mellor.
- Pensas que non controlas certas estruturas e cometes erros.
- Levas tempo sen practicar e queres recuperar o nivel.
- Ou, simplemente, queres formarte a fondo na túa lingua sen depender de libros desfasados.
Que vas atopar dentro?
Moitas cousas, entre elas:
📚 Contidos teóricos para aprender ou mellorar o teu galego.
📝 Tests con preguntas sobre o aprendido. Cada resposta está explicada, polo que coñecerás por que está ben ou mal.
🖲️ Xogos exclusivos feitos por nós para que a aprendizaxe sexa máis amena.
📹 Vídeos e audios de múltiples fontes e plataformas, escollidos pola súa calidade e valor.
📈 Modelos de exames explicados orais e escritos.
❓ Soporte e resolución de dúbidas. Todos os cursos de cursos.gal inclúen un sistema de Preguntas e Respostas aberto a todas as persoas que adquirades o curso, dentro do prezo.
Requisitos mínimos recomendados
Para cursar este curso recoméndase ter un dominio mínimo do galego.
Por exemplo, deberías ser quen de ler e comprender textos en galego, coñecer as coxugacións verbais ou manter unha conversa simple de xeito fluído. Se os teus coñecementos son nulos ou moi baixos, non cho recomendamos. Podes comezar co nivel iniciación Celga 2 ou nivel intermedio Celga 3.
O curso actualizarase?
O curso irase actualizando co paso do tempo. Por exemplo: máis cuestionarios, explicacións avanzada nas respostas dos cuestionarios, fraseoloxía etc. Merques cando merques o curso, terás acceso garantido a todas as actualizacións futuras.
O curso subirá de prezo?
Si. O curso irá subindo de prezo segundo pase o tempo, reciba actualizacións e desactivemos o desconto inicial. Mais non te preocupes, se xa estás dentro isto non che afecta. Non terás que pagar máis a futuro.
Máis información sobre os contidos
A Xunta de Galicia ten publicado os niveis de competencia a acadar en cada un dos cursos CELGA e mais a guía para as persoas candidatas. Podes consultar os documentos oficiais nas seguintes ligazóns: niveis de competencia e guía para as persoas candidatas.

Evita os erros que máis se repiten nos exames de galego. Este ebook recolle 50 fallos léxicos habituais e explícache como corrixilos de forma sinxela. Mellora o teu galego e gaña puntos sen estudar máis.
Cada entrada inclúe o erro, a forma correcta e unha explicación sinxela para que entendas por que se considera incorrecta e como evitala. Aproveita!Contidos do curso
Tema. Recursos útiles para aprender galego
Neste tema recompilamos os principais recursos que che serán de axuda ao longo do curso Celga 4.
Tema. Como practicar galego no día a día.
Nesta lección recomendámosche canles, medios e formatos para que o galego te acompañe fóra da aula: no sofá, no móbil, na túa rutina diaria.
Tema. Como son as probas do Celga 4?
É fundamental que coñezas como é a proba real: canto dura, que partes ten, como se estrutura, que se espera de ti… Así, poderás organizar mellor o teu tempo e o teu estudo.
Tema. “B” ou “v”? Regras para non cometeres erros.
Neste tema aprenderás estas normas de forma práctica, reforzando os teus coñecementos con exemplos e exercicios.
Tema. O uso correcto do “h” en galego: cando se escribe e cando non
Neste tema aprenderás as regras principais para identificar cando unha palabra leva h ao comezo, así como algúns truquiños que che facilitarán o estudo.
Tema. Como diferenciar “s” e “x”: claves para un galego perfecto
En galego, o uso correcto de s e x require coñecer certas regras e patróns. Neste tema aprenderás cando usar “s” ou “x” con base en exemplos claros e prácticos.
Tema. O dilema de “x”, “ll” e “i”: cando usar cada un
En galego, os sons representados por x, ll e i poden xerar confusión na escrita debido á súa semellanza en certos contextos. Neste tema aprenderás as regras e patróns que determinan o uso de x, ll e i.
Tema. Grupos <-cc-> e <-ct->: guía práctica para escribir con corrección
Neste tema, analizarás cando e como se conservan estes grupos, as excepcións máis frecuentes e as súas aplicacións en galego estándar.
Tema. Acentuación en galego: regras xerais e casos conflitivos
Se ti tamén dubidas cada vez que escribes, aquí tes unha guía sinxela para aprenderes a acentuar en galego dunha vez por todas.
Tema. Acentuación diacrítica: cando o acento cambia o significado das palabras
En galego, hai palabras que cambian completamente de significado cun simple acento. Té non é o mesmo que te, máis non significa o mesmo que mais e só e so tampouco queren dicir o mesmo.
Tema. A diérese en galego: todo o que precisas saber para non errares
A diérese é un pequeno símbolo ortográfico que, malia o seu tamaño, cumpre unha función moi importante. Sabes cando se utiliza? Descúbreo aquí!
Tema. A escritura correcta en galego: palabras xuntas, separadas e casos especiais
Nesta lección imos resolver as dúbidas máis comúns sobre estas palabras e aprender cando se escriben xuntas e cando separadas, con exemplos claros para que nunca máis te equivoques.
Tema. Siglas e abreviaturas de uso frecuente
Aparecen en textos administrativos, xornalísticos, científicos ou de uso cotián. Saber recoñecelas e empregalas correctamente é fundamental para manter a claridade e a corrección.
Tema. O substantivo: a base do galego escrito e falado
O substantivo é a peza fundamental da lingua, o que nos permite nomear o mundo que nos rodea. Aprende o necesario nesta lección.
Tema. O adxectivo en galego: como describir con precisión
Nesta lección aprenderás a concordar os adxectivos cos substantivos en xénero e número, identificarás os erros máis habituais e descubrirás solucións prácticas para mellorar a túa escrita e fala.
Tema. Artigos en galego: erros comúns e como evitalos
Serven para marcar se o referente é coñecido ou descoñecido, así como para indicar xénero e número. Sabes cando se usan e cando non?
Tema. Demostrativos en galego: usos especiais
Os demostrativos son palabras que nos axudan a situar no espazo e no tempo aquilo do que falamos. Porén, teñen algúsn valores especiais que de usalos, demostran un grande domininio da lingua.
Tema. Posesivos en galego: usos especiais
Os posesivos son determinantes ou pronomes que indican posesión, pertenza ou relación con respecto ás persoas gramaticais.
Tema. Guía definitiva dos pronomes tónicos
Os pronomes son unha parte fundamental da lingua, xa que permiten substituír palabras ou grupos de palabras, evitando repeticións innecesarias e facendo a comunicación máis fluída.
Tema. O pronome átono en galego sen complicacións
Os pronomes átonos son aqueles que non teñen acento prosódico propio e dependen doutro elemento na oración para a súa pronunciación. Ollo co seu uso!
Tema. O uso correcto de te e che para falar e escribir sen dúbidas
En galego temos dúas formas para o pronome átono da segunda persoa do singular: te e che. Aprende a utilizalos ben dunha vez.
Tema. Colocación pronominal: erros frecuentes e como evitalos
Unha das cousas máis difíciles á hora de aprender galego é saber colocar os pronomes correctamente. Como se fai?
Tema. Pronome de solidariedade e pronome de interese
No galego contamos con dous pronomes que son moi característicos da nosa fala. Son o pronome de solidariedade e o pronome de interese.
Tema. Verbos en galego: domina o infinitivo conxugado e o futuro de subxuntivo
O infinitivo conxugado é unha forma verbal única que distingue o galego (e o portugués) doutras linguas románicas.
Tema. Verbos en galego: Aprende a usar o futuro de subxuntivo
O futuro de subxuntivo expresa unha acción futura que non é real mais que se considera posible. É un tempo que engade precisión e aparece en contextos formais e expresións fixas.
Tema. Guía práctica dos verbos con alternancia vocálica
Os verbos galegos presentan particularidades interesantes, como a alternancia vocálica. Coñecer estas alternancias é fundamental para dominar o uso correcto dos verbos.
Tema. Erros frecuentes nos verbos en pasado e como evitalos
Neste tema aprenderás a usar correctamente os tempos de pasado, evitando erros comúns, e entenderás o papel da diérese nos copretéritos.
Tema. Como eliminar os castelanismos verbais
Chamamos castelanismos verbais ás formas ou usos dos verbos que chegan ao galego por influencia do castelán e que non pertencen á norma nin á tradición da lingua.
Tema. Erros no uso do xerundio e do participio
Neste tema exploraremos dúas formas verbais impersoais do galego: o xerundio e o participio. Aprenderás como empregalas correctamente, incluíndo a peculiaridade do xerundio flexionado, e como evitar erros comúns.
Tema. Perífrases verbais: como enriquecer a túa expresión en galego
As perífrases verbais son estruturas formadas por dous ou máis verbos que funcionan como unha única unidade de significado. Erros e perífrases habituais en galego.
Tema. Preposicións en galego: como utilizalas correctamente en calquera contexto
Neste tema, imos aprender a detectar erros frecuentes no uso das preposicións e ofrecer consellos prácticos para evitalos. Veremos casos en que adoitan producirse confusións e como escoller a preposición axeitada.
Tema. As conxuncións en galego: conecta palabras e ideas con precisión
Neste tema, veremos as conxuncións máis salientables en galego, os seus usos principais e os erros máis comúns que debes evitar.
Tema. Os adverbios que necesitas para mellorar a túa expresión en galego
Neste apartado exploraremos os diferentes tipos de adverbios, a súa formación e os erros máis comúns que debes evitar.
Tema. Conectores discursivos: como conectar ideas
Un dos elementos máis importantes á hora de escribir ou falar é a capacidade de organizar o discurso con claridade. Para iso serven os conectores.
Tema. Claves de redacción: como estruturar un texto
A clave dun bo texto non é só o que dicimos, senón tamén como o dicimos.
Tema. Léxico da saúde
Neste tema aprenderás palabras e expresións relacionadas coa saúde, o corpo humano, os coidados médicos e os hábitos saudables.
Tema. Léxico da natureza
Neste tema aprenderás vocabulario esencial para nomear elementos da paisaxe, da fauna e flora galegas.
Tema. Léxico do comercio e industria
Contar cun vocabulario preciso e actualizado pode marcar a diferenza á hora de comunicarnos de maneira efectiva neste ámbito.
Tema. Léxico das institucións e organismos públicos
Neste apartado aprenderás o vocabulario clave sobre administracións públicas, sistemas políticos, poderes do Estado, procesos electorais e cargos institucionais.
Tema. Léxico da ciencia e da tecnoloxía
Para comprender mellor os descubrimentos, os avances científicos e os dispositivos que empregamos no día a día, é fundamental coñecer o seu vocabulario específico.
Tema. Léxico das artes
Para falar de cada unha destas disciplinas con precisión, é importante coñecer o vocabulario específico que se usa en cada ámbito.
Tema. Léxico das festividades
As festas son unha parte esencial da cultura galega, chea de tradicións, rituais e celebracións únicas. Nesta lección exploraremos o vocabulario máis importante relacionado coas principais festividades do noso calendario.
Tema. Léxico da paisaxe urbana
Léxico da paixasxe urbana.
Tema. Fraseoloxía galega
Fraseoloxía galega.
Tema. Expresións idiomáticas e frases feitas
A lingua é moito máis ca palabras soltas: tamén está chea de expresións que nos axudan a falar con máis cor e personalidade. As frases feitas e expresións idiomáticas son ditos populares que usamos no día a día para expresar emocións, opinións e situacións dunha maneira máis viva e figurada.
Tema. Erros ortográficos frecuentes na escrita e como evitalos
Nesta lección analizarás os erros ortográficos máis frecuentes e como evitalos, ademais de explorar erros estilísticos como redundancias e frases confusas.
Tema. Boas prácticas na proba escrita
O obxectivo non é facer literatura, senón demostrar que dominas a lingua e sabes adaptar o texto ao formato pedido.
Tema. Como redactar os diferentes tipos de texto
Nesta lección imos ver pautas claras e exemplos prácticos para que saibas como comezar, desenvolver e pechar os diferentes tipos de texto máis frecuentes no exame: correos electrónicos, artigos de opinión e entradas de blog.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria maio – xuño 2023
Nesta lección poñemos á túa disposición o modelo oficial da proba escrita do Celga 4 correspondente á convocatoria de maio-xuño de 2023.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria novembro 2023
Nesta lección tes o modelo oficial da proba escrita do Celga 4 correspondente á convocatoria de novembro de 2023.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria maio – xuño 2022
Nesta lección tes o modelo oficial da proba escrita do Celga 4 correspondente á convocatoria de maio – xuño de 2022.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria novembro 2022
Nesta lección tes o modelo oficial da proba escrita do Celga 4 correspondente á convocatoria de novembro de 2022.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria maio – xuño 2021
Nesta lección tes o modelo oficial da proba escrita do Celga 4 correspondente á convocatoria de maio – xuño de 2021.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria novembro 2021
Nesta lección tes o modelo oficial da proba escrita do Celga 4 correspondente á convocatoria de novembro de 2021.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria setembro 2020
Nesta lección tes o modelo oficial da proba escrita do Celga 4 correspondente á convocatoria de setembro de 2020.
Tema. O son da lingua: o sistema fonolóxico galego
A fonoloxía é a parte da lingüística que estuda os sons dunha lingua desde o punto de vista do seu funcionamento no sistema. Coñecer o sistema fonolóxico do galego permítenos falar con máis corrección.
Tema. As variedades xeográficas do galego
O galego non se fala igual en todo o territorio. A nosa lingua presenta unha riqueza dialectal que é mostra da súa vitalidade e da súa historia. Estas diferenzas non afectan á unidade do idioma, mais si amosan matices na pronuncia, segundo a zona.
Tema. Boas prácticas na proba oral
A proba oral do Celga 4 non é un simple trámite. É o momento no que debes demostrar que sabes comunicarte en galego con claridade, seguridade e naturalidade. Aquí atoparás modelos de exames orais.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria maio – xuño 2023
Nesta lección tes dispoñible para descargar un modelo oficial de proba oral do Celga 4. O obxectivo é que te familiarices coa estrutura, os tempos e os tipos de tarefas que aparecen no exame real.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria novembro 2023
Velaquí tes o modelo da convocatoria de novembro de 2023 do Celga 4. O obxectivo é que poidas practicar a fondo, coñecer as tarefas con antelación e descubrir que tipos de textos, temas e preguntas aparecen no exame oficial.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria maio – xuño 2022
Velaquí tes o modelo da convocatoria de maio – xuño de 2022 do Celga 4.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria novembro 2022
Velaquí tes o modelo da convocatoria de novembro de 2022 do Celga 4.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria maio – xuño 2021
Velaquí tes o modelo da convocatoria de maio – xuño de 2021 do Celga 4.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria novembro 2021
Velaquí tes o modelo da convocatoria de novembro de 2021 do Celga 4.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria setembro 2020
Velaquí tes o modelo da convocatoria de setembro de 2020 do Celga 4.
Tema. Quen somos: identidade galega
Para entender a lingua galega tamén cómpre coñecer a historia e a cultura que a acompañan. O galego é un pobo cunha identidade propia, formada ao longo dos séculos e expresada na súa lingua, nas súas tradicións e nos seus símbolos.
Tema. Cinco fitos para entender Galicia
A historia de Galicia é longa e complexa, pero hai algúns momentos clave que axudan a comprender como se foi formando a identidade do país. Nesta lección imos resumir cinco fitos fundamentais que marcan a evolución política, cultural e lingüística de Galicia.
Tema. Literatura galega: das cantigas a hoxe
A literatura galega é unha das expresións máis claras da nosa identidade. A través dela podemos ver como o idioma e a cultura resistiron épocas difíciles e como se renovaron para chegar ata o presente.
Tema. Música tradicional e moderna
A música é unha das mellores formas de coñecer a alma dun pobo. En Galicia a tradición musical estivo sempre presente: nas festas, no traballo, nas romarías e tamén na transmisión oral de xeración en xeración.
Tema. Festas e tradicións populares
As festas galegas son moito máis que celebracións ocasionais. Son momentos nos que a comunidade se reúne, revive costumes transmitidos durante séculos e dá continuidade a crenzas antigas que se mesturan coa vida moderna.
Tema. Patrimonio e lugares emblemáticos
Galicia é un territorio cheo de historia, arte e natureza. O seu patrimonio non se limita ás cidades e monumentos recoñecidos pola UNESCO, senón que abrangue tamén aldeas, montañas, rías e paisaxes únicas.
Nunca máis quedarás con dúbidas.
Todos os cursos de cursos.gal inclúen un sistema de Preguntas e Respostas aberto a todas as persoas que adquirades o curso, dentro do prezo.
Ti preguntas. O equipo docente responde.
E non só iso: as respostas quedan gardadas e son accesibles para todas e todos os inscritos do teu nivel, creando unha base de coñecemento real, baseada en dúbidas reais.
Que significa isto na práctica:
- Se tes unha dúbida, resólvese.
- Se outro alumno xa a tivo, podes aprender del.
- Se aparecen patróns de erro, verás como se resolven.
Son explicacións claras, revisadas polo equipo de cursos.gal e centradas no que realmente importa.
Podes buscar entre preguntas, filtrar por tipo de dúbida (gramática, léxico, exames…) e atopar rápido o que necesitas.
Canto máis se usa, máis valor ten.

Evita os erros que máis se repiten nos exames de galego. Este ebook recolle 50 fallos léxicos habituais e explícache como corrixilos de forma sinxela. Mellora o teu galego e gaña puntos sen estudar máis.
Cada entrada inclúe o erro, a forma correcta e unha explicación sinxela para que entendas por que se considera incorrecta e como evitala. Aproveita!Preguntas frecuentes
[Novidade marzo 2026!] Soporte a dúbidas. Preguntas e respostas do teu nivel
Nunca máis quedarás con dúbidas.
Todos os cursos de cursos.gal inclúen un sistema de Preguntas e Respostas aberto a todas as persoas que adquirades o curso, dentro do prezo.
Ti preguntas. O equipo docente responde.
E non só iso: as respostas quedan gardadas e son accesibles para todas e todos os inscritos do teu nivel, creando unha base de coñecemento real, baseada en dúbidas reais.
Que significa isto na práctica:
- Se tes unha dúbida, resólvese.
- Se outro alumno xa a tivo, podes aprender del.
- Se aparecen patróns de erro, verás como se resolven.
Son explicacións claras, revisadas polo equipo de cursos.gal e centradas no que realmente importa.
Podes buscar entre preguntas, filtrar por tipo de dúbida (gramática, léxico, exames…) e atopar rápido o que necesitas.
Canto máis se usa, máis valor ten.
Teño algún extra alén do curso?
Tes dispoñible un dicionario de galego e un conxugador verbal completo sen saír da plataforma. Podes usalo todas as veces que queiras, mentres estudas, redactas, fas tests ou consultas contidos.
É un desenvolvemento propio desde cero co obxectivo de facilitar a rápida consulta de dúbidas. Non existe ningunha solución comercial similar que permita facer consultas sen abandonar a plataforma. Houbo que deseñar unha arquitectura técnica propia, procesado e visualización optimizada.
Logo de mercalo, ata cando poderei acceder ao curso?
Unha vez que merques o curso poderás acceder a el sempre que queiras coa túa conta de usuario, as veces que desexes e no intre que precises.
Para ser máis claros. Tes acceso ao curso de por vida. Entende isto como que non hai data de peche ou finalización. Garantímosche un mínimo de 24 meses, que é o tempo polo que contratamos inicialmente dominio da web. Pero seguro que se renova.
Imaxina que mercas un curso para facer un exame e, por desgraza, non o superas. Non te preocupes que poderás volver cursalo para preparar a seguinte convocatoria sen ter que volver mercalo.
Aínda que é posible que se fas o que che propoñemos e estudas duro, non teñas que repetilo!
Se o curso se actualiza, terei acceso á nova versión?
Rotundamente si.
O noso obxectivo é ir mellorando o curso co paso do tempo grazas aos comentarios das persoas que o vaian facendo. Se cadra con algún novo descargable, inserción de vídeos ou aumento dos exemplos.
Informarémoste destas actualizacións e terás acceso a elas coa túa conta de usuario.
Como é o curso por dentro? Podo velo?
Fasme un resumo dos termos e das condicións de venda?
- Entrega inmediata. Unha vez completada a compra, recibirás acceso ao curso.
- Visualizacións ilimitadas. Poderás ver o curso tantas veces como queiras desde a túa conta de usuario.
- Sen reembolsos. Dado que se trata dun produto dixital de acceso inmediato, non se admiten devolucións nin reembolsos. Unha vez realizada a compra, o acceso ao contido non pode revogarse.
- Pagamento seguro. A compra realízase mediante tarxeta de crédito ou débito a través dunha pasarela de pagamento segura (STRIPE).
- Non inclúe titorización individual nin asesoramento personalizado. Para resolver dúbidas, dispós dunha sección de Preguntas e Respostas onde podes enviar consultas e recibir respostas do equipo docente, visibles para todo o alumnado do teu nivel. Este sistema está pensado para dúbidas concretas sobre o que estás a estudar e non garante resposta inmediata nin atención individualizada.
Se tes dúbidas antes de comprar, podes escribirnos a info@cursos.gal e responderemos o antes posible. Tamén podes revisar a política de compra completa aquí.
Valoración do curso

Evita os erros que máis se repiten nos exames de galego. Este ebook recolle 50 fallos léxicos habituais e explícache como corrixilos de forma sinxela. Mellora o teu galego e gaña puntos sen estudar máis.
Cada entrada inclúe o erro, a forma correcta e unha explicación sinxela para que entendas por que se considera incorrecta e como evitala. Aproveita!






Carme Lamela (propietario verificado) –
Comprei o curso hai pouco e aínda que só fixen un par de módulos, xa notei unha diferenza . Estou preparando o CELGA 4 e só co que levo visto xa fun quen de ver algúns erros que cometo. As explicacións son claras, prácticas e van ao gran. Estou moi contenta de terme apuntado. Non me esperaba avanzar tanto en tan pouco tempo.
Olga Rodríguez (propietario verificado) –
Levo unha semana facendo o curso e estame gustando moito, sobre todo, a posibilidade de facer os cuestionarios para practicar e repasar. Creo que son moi útiles. E os modelos de redacción dos diferentes textos son de gran axuda para practicar de cara ao exame. Polo momento, estou moi contenta co curso. Grazas!
Carlos Alberto (propietario verificado) –
Fixen este curso para preparar o celga e serviume xa que aprobei á primeira. O que máis me gustou foi que é completo e ten explicacións claras, exemplos e modelos de exame que axudan a chegar tranquilo á proba. Ao principio pareceume que eran demasiados contidos e custoume organizarme, mais ao final agradecino porque sempre tiña material para practicar. Sen dúbida recoméndoo se queres mellorar o galego e non só “pasar o exame”