O prezo orixinal era: 199,00 €.O prezo actual é: 99,00 €.

Curso nivel Celga 2. Iniciación ao galego

Comeza co galego a un nivel básico para te manexares con seguridade no teu día a día. Este curso axudarache a comprender textos básicos, dicir as túas primeiras frases en galego e escribir de xeito sinxelo e con confianza.

Pensado para quen comeza ou leva pouco tempo aprendendo e tamén para quen precisa o título oficial. Con contidos claros, verás como o galego deixa de parecer difícil e pasa a ser útil, natural… e mesmo atractivo.

Actualizado a 1 de marzo de 2026.

Se xa mercaches e tes acceso a este curso, preme aquí para entrar.

11

Módulos

74

Leccións

31

Tests

120

Materiais e xogos

Queres iniciarte no galego ou recuperar esa base mínima que tes esquecida? Este curso é para ti. Aquí aprenderás o galego que necesitas para:

✅ Comprender textos básicos en galego.
Expresarte de forma sinxela en conversas breves.
✅ Superar o exame oficial do Celga 2.

Non é só un curso para aprobar: é unha ferramenta útil para quen vive en Galicia e quere integrarse mellor, comunicarse con naturalidade ou mellorar o seu perfil profesional. Con este curso, gañarás confianza na túa expresión oral e escrita.

Que é o Celga 2?

O Celga 2 é o segundo dos cinco niveis oficiais de certificación da lingua galega. Equivale a un nivel de iniciación ou B1 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas.

Este nivel certifica que podes comprender e usar expresións frecuentes e comunicarte en situacións sinxelas e habituais: mercar na tenda, preguntar unha dirección, presentarte, facer xestións básicas nas institucións, describir a climatoloxía etc.

Que che permite facer este curso?

Unha vez superado, serás quen de:

  • Entender frases sinxelas e instrucións básicas en galego.
  • Presentarte e manter conversas breves e rutineiras.
  • Ler e comprender textos curtos, avisos, sinais ou mensaxes habituais.
  • Escribir mensaxes simples (por exemplo, un correo breve ou unha nota).
  • Afrontar o exame Celga 2 con seguridade e sen sorpresas.

A quen vai dirixido?

Este curso é perfecto para ti se:

  • Queres ter as ferramentas para superar o exame Celga 2.
  • Estás empezando a aprender galego.
  • Levas tempo sen practicalo e queres recuperar o nivel.
  • Necesitas acreditar un nivel básico para traballar ou presentarte a oposicións.
  • Vives en Galicia e queres integrarte mellor na vida cotiá.
  • Apostas por unha aprendizaxe clara e guiada.

Que vas atopar dentro?

Moitas cousas, entre elas:

📚 Contidos teóricos para aprender ou mellorar o teu galego.
📝 Tests con preguntas sobre o aprendido. Cada resposta está explicada, polo que coñecerás por que está ben ou mal.
🖲️ Xogos exclusivos feitos por nós para que a aprendizaxe sexa máis amena.
📹 Vídeos e audios de múltiples fontes e plataformas, escollidos pola súa calidade e valor.
📈 Modelos de exames recompilados e ordenados.
📑 Resolución dos modelos de exames. Resolvimos os exames para que poidas descargalos, estudalos e traballar sobre eles.
Soporte e resolución de dúbidas. Todos os cursos de cursos.gal inclúen un sistema de Preguntas e Respostas aberto a todas as persoas que adquirades o curso, dentro do prezo.
🔊 Decenas de audios creados por nós para que comprendas a oralidade do galego.

Requisitos mínimos recomendados

Non precisas un dominio previo do galego para facer este curso. Iso si, é recomendable que:

  • Teñas curiosidade por aprender e mellorar.
  • Queiras aprender novo vocabulario.
  • Coñezas o alfabeto galego e utilices o dicionario.

Ollo!

Se nunca estudaches galego, este curso tamén é un primeiro contacto. Comezamos polos fundamentos da lingua e imos avanzando paseniño. Se os teus coñecementos son máis avanzados, mellor escolle outro curso de maior nivel.

O curso actualizarase?

O curso irase actualizando co paso do tempo. Por exemplo: máis cuestionarios, explicacións avanzadas nas respostas dos cuestionarios, máis modelos de exame etc. Merques cando merques o curso, terás acceso garantido a todas as actualizacións futuras.

O curso subirá de prezo?

Si. Co paso do tempo desde o lanzamento o curso irá subindo de prezo, reciba actualizacións e desactivemos o desconto inicial.

Mais non te preocupes, se xa estás dentro isto non che afecta. Non terás que pagar máis a futuro. Para iso, anótate na lista de espera.

Máis información sobre os contidos

A Xunta de Galicia ten publicado os niveis de competencia a acadar en cada un dos cursos Celga e mais a guía para as persoas candidatas. Podes consultar os documentos oficiais nas seguintes ligazóns: niveis de competencia e guía para as persoas candidatas.

Merca agora e leva un ebook de balde

Evita os erros que máis se repiten nos exames de galego. Este ebook recolle 50 fallos léxicos habituais e explícache como corrixilos de forma sinxela. Mellora o teu galego e gaña puntos sen estudar máis.

Cada entrada inclúe o erro, a forma correcta e unha explicación sinxela para que entendas por que se considera incorrecta e como evitala. Aproveita!

Contidos do curso

Tema. Recursos en galego que debes coñecer

Neste primeiro paso imos presentarche recursos reais, útiles e actuais en galego para que poidas practicar, consultar e mellorar día a día, tanto dentro como fóra do curso.

Tema. O alfabeto galego

Neste tema ímoslle perder o medo ao abecedario galego. Saber como se chaman as letras, como se pronuncian e como se combinan é clave para entender e falar con seguridade.

Tema. Aprende a saúdar!

Nesta lección vas aprender esas expresións que se usan todos os días para relacionarse con outras persoas: saudar, despedirse, agradecer, pedir desculpas, dar os parabéns ou expresar sentimentos.

Tema. Contar e ordenar: os números cardinais e ordinais

Os números están por todas partes: para falar da hora, da data, dos prezos, da idade ou da túa posición nunha lista. Nesta lección vas aprender a usalos con seguridade e soltura.

Tema. O tempo en galego: horas, días, meses e máis!

Nesta lección aprenderás a falar do tempo cronolóxico: como dicir a hora, os días da semana, os meses do ano e as partes do día.

Tema. Aprende a describir obxectos e paisaxes en galego

Nesta lección imos aprender vocabulario útil para describir obxectos, espazos e paisaxes: cor, tamaño, forma, textura, estado… Todo iso que axuda a responder á pregunta: como é?

Tema. Feminino e masculino: como cambia o xénero nas palabras

Nesta lección vas aprender a diferenciar entre substantivos e adxectivos masculinos e femininos en galego, un paso fundamental para comezar a construír frases ben formadas.

Tema. Regras máis comúns para formar o plural das palabras

Cando falamos de máis dunha cousa, necesitamos usar o plural. En galego, a maioría dos substantivos e adxectivos fórmanse de maneira sinxela, mais tamén hai algúns casos especiais que paga a pena coñecer.

Tema. Os adxectivos en galego: concordancia e graos explicados paso a paso

Nesta lección aprenderás como facer que substantivos e adxectivos encaixen correctamente e como expresar comparacións e superlativos con naturalidade.

Tema. Como escribir ben substantivos comúns e propios en galego

As palabras que nomean calquera obxecto, persoa ou lugar chámanse nomes comúns, mentres que as que serven para identificar algo ou alguén en particular chámanse nomes propios.

Tema. Un, unha, o, a… Aprende a usar ben os artigos en galego

Descubre como funcionan os artigos determinados e indeterminados, e en que contextos se usan correctamente.

Tema. Demostrativos: formas, contraccións e usos

Nesta lección aprenderás as formas dos demostrativos en galego, como funcionan como adxectivos (acompañando un substantivo) e como pronomes (substituíndo o nome).

Tema. Posesivos: formas, contraccións e usos

Nesta lección vas aprender a usar correctamente os posesivos, esas palabras que nos axudan a indicar a quen pertence algo: o meu libro, a túa casa, os seus amigos

Tema. Formas, contraccións e usos dos indefi nidos máis usuais: algún, ningún, alguén, ninguén, etc.

Familiarízate cos determinantes como algún, ningún, todo, moito… e aprende a empregalos con precisión.

 

Tema. Presente de indicativo

Nesta lección vas aprender a conxugar os verbos regulares nas tres conxugacións (-ar, -er, -ir), a recoñecer os verbos irregulares máis frecuentes e a usalos en frases sinxelas.

Tema. Pretérito de indicativo

O pretérito de indicativo en galego é un tempo verbal que usamos para falar de accións xa rematadas no pasado.

Tema. Copretérito de indicativo

Aprende a empregar o tempo que expresa accións pasadas habituais ou repetidas: comía, estudaba, vivía

Tema. Antepretérito de indicativo

O antepretérito de indicativo é unha forma verbal que usamos para falar dunha acción que xa rematara cando outra comezou.

Tema. Futuro de indicativo

Familiarízate coas formas verbais que indican accións que pasarán: faremos, viaxarás, será

Tema. Pospretérito de indicativo

O pospretérito de indicativo é o tempo verbal que usamos para falar de cousas que ocorrerían baixo certas condicións. Axúdanos a expresar desexos, hipóteses, peticións educadas e incluso dúbidas sobre o pasado.

Tema. Presente de subxuntivo dos verbos regulares e irregulares

O presente de subxuntivo é un tempo verbal que empregamos para falar de feitos que non son seguros, que expresan desexos, posibilidades, intencións ou ordes indirectas.

Tema. Uso de imperativo afirmativo e negativo

O imperativo é o modo verbal que usamos para dar ordes, facer peticións, ofrecer consellos, dar instrucións ou suxestións. É moi frecuente na fala cotiá, tanto en contextos formais como informais.

Tema. Infinitivo, xerundio e participio

Descubre como usar correctamente as formas non persoais do verbo en diferentes contextos.

Tema. Imperativo

Aprende a dar ordes, instrucións ou consellos en galego de forma correcta e natural.

Tema. Os verbos pronominais

Os verbos pronominais son aqueles que van acompañados dun pronome reflexivo (me, te, se, nos, vos, se) que coincide coa persoa do suxeito.

Tema. A voz pasiva para expresar a impersonalidade

Cando queremos falar sen dicir directamente quen fai a acción, a voz pasiva é unha aliada moi útil.

Tema. Os pronomes persoais tónicos

Aprende a usar os pronomes que se empregan con énfase ou en función de suxeito: eu, ti, nós, vós

Tema. Os pronomes persoais átonos

Descubre como funcionan os pronomes que acompañan ao verbo e nunca van sós: me, che, lle, nos, vos

Tema. Contraccións dos pronomes átonos

Veremos que ocorre cando nunha mesma frase aparecen os dous pronomes xuntos, é dicir, cando un verbo leva dous complementos: un directo e outro indirecto.

Tema. Colocación do pronome átono

Esta lección axudarache a decidir se o pronome vai diante ou detrás do verbo en función do tipo de oración.

Tema. Uso dos pronomes reflexivos

Coñece os pronomes que indican que a acción recae sobre o suxeito: me, se, nos… e como se usan en frases reflexivas.

Tema. Os pronomes interrogativos e exclamativos

Aprende a empregar correctamente formas como quen, que, canto, onde, cando… tanto en preguntas directas como indirectas.

Tema. Os adverbios: palabras que dan matiz ao que dicimos

En galego hai moitos tipos de adverbios, pero nesta lección imos centrarnos nos máis importantes para a comunicación cotiá.

Tema. As preposicións

As preposicións son palabras invariables que serven para unir outras palabras e indicar relacións entre elas.

Tema. As conxuncións

As conxuncións son palabras invariables que serven para unir palabras, frases ou oracións.

Tema. Topónimos e xentilicios

Nesta lección aprenderás a recoñecer e utilizar correctamente os xentilicios máis frecuentes en galego. Verás como formar o feminino e o masculino, cales cambian e cales non, e repasarás o vocabulario básico.

Tema. Os sentimentos e a personalidade

Nesta lección imos aprender vocabulario para describir a personalidade das persoas e os sentimentos ou emocións que experimentamos no día a día.

Tema. O corpo humano e o aspecto físico

Nesta lección aprenderás as partes do corpo humano, dedos das mans, adxectivos e verbos.

Tema. A saúde e a enfermidade

Nesta lección imos aprender doenzas, síntomas, medicamentos, curas, profesionais, adxectivos e adverbios.

Tema. O traballo e as profesións

Nesta lección aprenderás profesións relacionadas con agricultura, gandeiría, pesca, construción, comercio, administración, transportes, servizos, ciencia e moitas outras!

Tema. A familia

Nesta lección imos aprender os membros da familia, adxectivos e verbos.

Tema. A cidade

Nesta lección aprenderás como denominar os núcleos de poboación, vías de comunicación, edificios e outros elementos urbanos.

Tema. Os medios de transporte

Nesta lección imos aprender diferentes medios de transporte: terrestres, acuáticos, aéreos, automóbiles, barcos, avións etc.

Tema. A casa

Nesta lección aprenderás termos sobre a construción da casa, a casa por fóra e por dentro, a cociña, salón, dormitorio…

Tema. O tempo meteorolóxico

Nesta lección imos aprender palabras sobre a choiva, sobre o vento, sobre a neve, o frío, a calor, a tormenta…

Tema. Os alimentos

Nesta lección aprenderás o nome da carne, dos peixes, mariscos, hortalizas, legumes, cereais, froitas e moitas outras cousas máis!

Tema. Xogos e deportes

Nesta lección imos aprender o nome de xogos de taboleiro, deportes, competicións, adxectivos e verbos.

Tema. A natureza

Nesta lección aprenderás os nomes da paisaxe natural, os animais, e as prantas.

Tema. Os animais

Nesta lección vas aprender o vocabulario fundamental para falar dos ditintos tipos de animais (mamíferos, aves, peixes, anfibios e réptiles).

Tema. As prantas

Nesta lección vas aprender o vocabulario fundamental para falar das plantas máis comúns, con especial atención ás árbores e ás flores.

Tema. A tecnoloxía e as redes sociais

Nesta lección imos aprender os termos da informática e a computación, Internet, redes sociais e seguridade informática.

Tema. Aprende a acentuar en galego

Nesta lección imos ver, paso a paso, como funcionan as regras de acentuación en galego.

Tema. O acento diacrítico

En galego, como noutras linguas, hai palabras que se escriben igual pero teñen significados distintos. Para distinguilas, usamos o acento diacrítico.

Tema. As vogais: como pronunciar correctamente en galego

Nesta lección aprenderás a escoitar e recoñecer ben estas sete vogais, o primeiro paso para ter unha pronuncia clara e natural en galego.

Tema. As consonantes: como pronunciar correctamente en galego

Nesta lección, imos centrarnos nas principais consoantes que adoitan xerar dúbidas na pronuncia ou que teñen un son diferente ao do castelán.

Tema. A entoación afirmativa, negativa e interrogativa

Neste apartado imos ver as características da entoación en tres tipos de enunciados básicos: enunciados afirmativos, negativos e interrogativos.

Tema. Usos da coma e punto e coma

Neste tema imos ver como usar a coma e o punto e coma con xeito, para que os teus textos sexan claros, naturais e ben puntuados.

Tema. O punto, os dous puntos e os puntos suspensivos

Nesta lección aprenderás a empregar correctamente o punto, os dous puntos e os puntos suspensivos para escribir con claridade e estilo.

Tema. Os signos de interrogación e exclamación

Na lingua escrita, os signos de interrogación e exclamación son os que nos axudan a transmitir emocións, dúbidas, asombro ou entusiasmo.

Tema. O guión

Neste apartado aprenderás a empregar correctamente o guión nas composicións e na separación de palabras ao final de liña.

Tema. Pautas para a redacción de textos

Nesta lección vas aprender a estruturar un texto e, concretamente, un correo formal e informal, a empregar as fórmulas adecuadas e a evitar os erros máis comúns.

Tema. Exames da convocatoria maio – xuño 2023

Exames da convocatoria maio – xuño 2023. Descarga as probas ou traballa con elas como se fose un exame real.

Tema. Exames da convocatoria novembro 2023

Exames da convocatoria novembro 2023. Descarga as probas ou traballa con elas como se fose un exame real.

Tema. Exames da convocatoria maio – xuño 2022

Exames da convocatoria maio – xuño 2022. Descarga as probas ou traballa con elas como se fose un exame real.

Tema. Exames da convocatoria novembro 2022

Exames da convocatoria novembro 2022. Descarga as probas ou traballa con elas como se fose un exame real.

Tema. Exames da convocatoria maio – xuño 2021

Exames da convocatoria maio – xuño 2021. Descarga as probas ou traballa con elas como se fose un exame real.

Tema. Exames da convocatoria novembro 2021

Exames da convocatoria novembro 2021. Descarga as probas ou traballa con elas como se fose un exame real.

Tema. Exames da convocatoria setembro 2020

Exames da convocatoria setembro 2020. Descarga as probas ou traballa con elas como se fose un exame real.

Tema. Quen somos: identidade galega

Para entender a lingua galega tamén cómpre coñecer a historia e a cultura que a acompañan. O galego é un pobo cunha identidade propia, formada ao longo dos séculos e expresada na súa lingua, nas súas tradicións e nos seus símbolos.

Tema. Cinco fitos para entender Galicia

A historia de Galicia é longa e complexa, pero hai algúns momentos clave que axudan a comprender como se foi formando a identidade do país. Nesta lección imos resumir cinco fitos fundamentais que marcan a evolución política, cultural e lingüística de Galicia.

Tema. Literatura galega: das cantigas a hoxe

A literatura galega é unha das expresións máis claras da nosa identidade. A través dela podemos ver como o idioma e a cultura resistiron épocas difíciles e como se renovaron para chegar ata o presente.

Tema. Música tradicional e moderna

A música é unha das mellores formas de coñecer a alma dun pobo. En Galicia a tradición musical estivo sempre presente: nas festas, no traballo, nas romarías e tamén na transmisión oral de xeración en xeración.

Tema. Festas e tradicións populares

As festas galegas son moito máis que celebracións ocasionais. Son momentos nos que a comunidade se reúne, revive costumes transmitidos durante séculos e dá continuidade a crenzas antigas que se mesturan coa vida moderna.

Tema. Patrimonio e lugares emblemáticos

Galicia é un territorio cheo de historia, arte e natureza. O seu patrimonio non se limita ás cidades e monumentos recoñecidos pola UNESCO, senón que abrangue tamén aldeas, montañas, rías e paisaxes únicas.

Nunca máis quedarás con dúbidas.

Todos os cursos de cursos.gal inclúen un sistema de Preguntas e Respostas aberto a todas as persoas que adquirades o curso, dentro do prezo.

Ti preguntas. O equipo docente responde.

E non só iso: as respostas quedan gardadas e son accesibles para todas e todos os inscritos do teu nivel, creando unha base de coñecemento real, baseada en dúbidas reais.

Que significa isto na práctica:

  • Se tes unha dúbida, resólvese.
  • Se outro alumno xa a tivo, podes aprender del.
  • Se aparecen patróns de erro, verás como se resolven.

Son explicacións claras, revisadas polo equipo de cursos.gal e centradas no que realmente importa.

Podes buscar entre preguntas, filtrar por tipo de dúbida (gramática, léxico, exames…) e atopar rápido o que necesitas.

Canto máis se usa, máis valor ten.

Merca agora e leva un ebook de balde

Evita os erros que máis se repiten nos exames de galego. Este ebook recolle 50 fallos léxicos habituais e explícache como corrixilos de forma sinxela. Mellora o teu galego e gaña puntos sen estudar máis.

Cada entrada inclúe o erro, a forma correcta e unha explicación sinxela para que entendas por que se considera incorrecta e como evitala. Aproveita!

Preguntas frecuentes

[Novidade marzo 2026!] Soporte a dúbidas. Preguntas e respostas do teu nivel

Nunca máis quedarás con dúbidas.

Todos os cursos de cursos.gal inclúen un sistema de Preguntas e Respostas aberto a todas as persoas que adquirades o curso, dentro do prezo.

Ti preguntas. O equipo docente responde.

E non só iso: as respostas quedan gardadas e son accesibles para todas e todos os inscritos do teu nivel, creando unha base de coñecemento real, baseada en dúbidas reais.

Que significa isto na práctica:

  • Se tes unha dúbida, resólvese.
  • Se outro alumno xa a tivo, podes aprender del.
  • Se aparecen patróns de erro, verás como se resolven.

Son explicacións claras, revisadas polo equipo de cursos.gal e centradas no que realmente importa.

Podes buscar entre preguntas, filtrar por tipo de dúbida (gramática, léxico, exames…) e atopar rápido o que necesitas.

Canto máis se usa, máis valor ten.

Teño algún extra alén do curso?

Tes dispoñible un dicionario de galego e un conxugador verbal completo sen saír da plataforma. Podes usalo todas as veces que queiras, mentres estudas, redactas, fas tests ou consultas contidos.

É un desenvolvemento propio desde cero co obxectivo de facilitar a rápida consulta de dúbidas. Non existe ningunha solución comercial similar que permita facer consultas sen abandonar a plataforma. Houbo que deseñar unha arquitectura técnica propia, procesado e visualización optimizada.

Logo de mercalo, ata cando poderei acceder ao curso?

Unha vez que merques o curso poderás acceder a el sempre que queiras coa túa conta de usuario, as veces que desexes e no intre que precises. 

Para ser máis claros. Tes acceso ao curso de por vida. Entende isto como que non hai data de peche ou finalización. Garantímosche un mínimo de 24 meses, que é o tempo polo que contratamos inicialmente dominio da web. Pero seguro que se renova. 

Imaxina que mercas un curso para facer un exame e, por desgraza, non o superas. Non te preocupes que poderás volver cursalo para preparar a seguinte convocatoria sen ter que volver mercalo.

Aínda que é posible que se fas o que che propoñemos e estudas duro, non teñas que repetilo!

Se o curso se actualiza, terei acceso á nova versión?

Rotundamente si.

O noso obxectivo é ir mellorando o curso co paso do tempo grazas aos comentarios das persoas que o vaian facendo. Se cadra con algún novo descargable, inserción de vídeos ou aumento dos exemplos.

Informarémoste destas actualizacións e terás acceso a elas coa túa conta de usuario.

Como é o curso por dentro? Podo velo?

Fasme un resumo dos termos e das condicións de venda?

  • Entrega inmediata. Unha vez completada a compra, recibirás acceso ao curso.
  • Visualizacións ilimitadas. Poderás ver o curso tantas veces como queiras desde a túa conta de usuario.
  • Sen reembolsos. Dado que se trata dun produto dixital de acceso inmediato, non se admiten devolucións nin reembolsos. Unha vez realizada a compra, o acceso ao contido non pode revogarse.
  • Pagamento seguro. A compra realízase mediante tarxeta de crédito ou débito a través dunha pasarela de pagamento segura (STRIPE).
  • Non inclúe titorización individual nin asesoramento personalizado. Para resolver dúbidas, dispós dunha sección de Preguntas e Respostas onde podes enviar consultas e recibir respostas do equipo docente, visibles para todo o alumnado do teu nivel. Este sistema está pensado para dúbidas concretas sobre o que estás a estudar e non garante resposta inmediata nin atención individualizada.

Se tes dúbidas antes de comprar, podes escribirnos a info@cursos.gal e responderemos o antes posible. Tamén podes revisar a política de compra completa aquí.

Valoración do curso

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Curso nivel Celga 2. Iniciación ao galego”

Merca agora e leva un ebook de balde

Evita os erros que máis se repiten nos exames de galego. Este ebook recolle 50 fallos léxicos habituais e explícache como corrixilos de forma sinxela. Mellora o teu galego e gaña puntos sen estudar máis.

Cada entrada inclúe o erro, a forma correcta e unha explicación sinxela para que entendas por que se considera incorrecta e como evitala. Aproveita!

Busca un termo ou conxuga un verbo