Curso

Celga 2. Nivel inicial de galego

Estado actual

No Inscrito

Precio

99€

Primeros pasos

Benvido/a ao curso de preparación do Celga 2!

Se estás aquí, é porque queres aprender galego e gañar confianza para comunicarte en situacións básicas do día a día. Neste curso, aprenderás as expresións e estruturas esenciais para comprender e facerte entender en galego, tanto na vida cotiá como en situacións sinxelas. Ademais, darache as ferramentas necesarias para superar as probas do Celga 2 e seguir avanzando no dominio da lingua.

Como funciona o curso?

  • Accede directamente aos módulos e leccións dende esta páxina.
  • Marca o teu progreso a medida que completes cada tema.
  • Fai os cuestionarios e repasa as veces que queiras.

Que é o Celga 2?

O Celga 2 é un dos cinco niveis do sistema de certificación oficial de lingua galega. Acredita un nivel básico de coñecemento da lingua e está pensado para persoas que queren desenvolver competencias básicas en galego para a súa vida cotiá e laboral.

Con este nivel serás capaz de:

  • Comunicarte de forma sinxela en situacións habituais da vida cotiá.
  • Escribir textos curtos e sinxelos sobre temas coñecidos.
  • Comprender frases e mensaxes básicas en galego, especialmente se están relacionadas co teu día a día.

A solución aos xogos

Segundo avances no curso atoparás numersosos xogos. O seu obxectivo é poder aplicar dun xeito sinxelo e dinámico o aprendido na teoría inmediatamente anterior. Se logo de intentalo non dás coa solución, a resposta aparecerá nun símbolo de “?” cando falles 3 veces.

Non confundir cos tests que atoparás ao finalizar moitos dos temas, que están pensados en formato exame e cuxa solución poderás comprobar ao completalo.

Contenido del Curso

Estado actual

No Inscrito

Precio

99€

Primeros pasos

Busca un termo ou conxuga un verbo

Contenido del Curso