Blog · Como son as probas do Celga 4? Todo o que necesitas saber

Como son as probas do Celga 4? Todo o que necesitas saber

Probas Celga 4

Se estás pensando en presentarte ao CELGA 4, isto interésache. Neste artigo explicámosche todo, paso a paso, para que saibas que che vas atopar o día do exame.

Proba escrita ✏️

A proba escrita do CELGA 4 divídese en dúas tarefas e consiste en redactar dous textos de 400 palabras cada un.

  • Tarefa 1

Antes de comezar, daranche 5 minutos para ler a tarefa. Despois, reproducirase un audio ou vídeo sobre o que terás que escribir un texto de 400 palabras. O formato pode variar: artigo de opinión, mensaxe electrónica, carta, reclamación…

  • Tarefa 2

Nesta segunda tarefa, daranche un texto que terás que ler e facer unha produción escrita, tamén de 400 palabras, sobre un tema diferente. Aquí tamén se indicará o formato que debes usar.

Tempo total: máximo 3 horas para completar as dúas tarefas.

Proba oral 🎤

A parte oral tamén se divide en dúas fases:

  • Primeira fase: lectura e preparación (15 min)

Daranche un texto ou reproducirán un audio/vídeo. Poderás tomar notas persoais, pero non poderás lelas literalmente durante o exame: só servirán de apoio.

  • Segunda fase: proba oral
  1. Benvida e presentación persoal (1-2 min): non se avalía, é para romper o xeo.
  2. Resumo do que liches/escoitaches (3 min).
  3. Exposición sobre un tema relacionado (3-4 min).
  4. Interacción: conversa co examinador/a sobre o tema (uns 4 min).

Importante: A proba será gravada, como garantía de transparencia no proceso.

Conclusión: que buscan avaliar?

O CELGA 4 acredita un nivel avanzado de competencia en galego. Non se trata só de que teñas vocabulario ou que escribas sen faltas, senón de que poidas comunicarse con eficacia en calquera contexto profesional ou académico.

💡 Se queres preparar esta proba a fondo, bótalle un ollo aos nosos cursos de preparación en cursos.gal.

Que podes ler aquí?

Outros artigos

Busca un termo ou conxuga un verbo