Blog · Temario do CELGA 2: contidos, competencias e que debes dominar no exame

Temario do CELGA 2: contidos, competencias e que debes dominar no exame

O CELGA 2 acredita un nivel básico-intermedio de competencia en lingua galega. Correspóndese cun dominio funcional da lingua que permite desenvolverse con seguridade en situacións cotiás, laborais e académicas habituais, sempre que o uso da lingua sexa previsible.

Neste artigo explicamos todo o temario do Celga 2, organizado por competencias, habilidades comunicativas e contidos lingüísticos, tal e como se avalía no exame oficial.

Que nivel de galego acredita o CELGA 2

A persoa que supera o CELGA 2 é capaz de:

  • Comprender mensaxes orais e escritas claras en lingua estándar.
  • Participar en conversacións habituais da vida diaria, do traballo e do estudo.
  • Producir textos breves, orais e escritos, para describir, relatar, preguntar ou opinar.
  • Usar correctamente as estruturas gramaticais básicas e un vocabulario axeitado aos contextos máis frecuentes.

O uso da lingua non é avanzado, pero si eficaz e funcional.

Comprensión oral no CELGA 2

No exame esíxese comprender as ideas principais de discursos claros sobre temas cotiáns, en contextos como:

  • Presentacións e despedidas en situacións sociais.
  • Información persoal: familia, estudos, traballo, tempo libre.
  • Indicacións sobre horarios, datas e localizacións.
  • Visitas turísticas e explicacións sinxelas.
  • Situacións transaccionais: hoteis, restaurantes, compras, saúde, bancos ou correos.
  • Opinións e informacións sobre a actualidade.

Comprensión escrita no CELGA 2

O candidato debe comprender textos breves en lingua estándar relacionados coa vida diaria e co seu ámbito profesional ou académico, como por exemplo:

  • Cartas e menús de restaurantes.
  • Formularios, anuncios, folletos e información turística.
  • Correos electrónicos persoais e institucionais.
  • Descricións de persoas e lugares.
  • Relatos de feitos e experiencias.
  • Noticias e opinións claras nos medios de comunicación.

Expresión oral no CELGA 2

Na expresión oral valórase a capacidade para comunicarse con fluidez razoable e claridade en situacións previsibles. Entre outras cousas, a persoa candidata debe saber:

  • Dar información persoal e profesional.
  • Reservar aloxamento e comunicarse nun hotel.
  • Facer compras e preguntar por prezos.
  • Pedir e comentar un menú nun restaurante.
  • Solicitar información turística e orientación espacial.
  • Pedir citas, explicar problemas de saúde ou cuestións profesionais.
  • Opinar sobre experiencias persoais e temas de actualidade.

Expresión escrita no CELGA 2

Na escrita, o exame require producir textos sinxelos, cohesionados e claros, como:

  • Notas, postais, cartas e correos electrónicos persoais.
  • Cartas dirixidas a institucións (confirmacións, solicitudes de información).
  • Documentos breves do ámbito laboral.

Gramática do Celga 2

O temario gramatical inclúe, entre outros contidos:

  • Flexión de xénero e número.
  • Concordancia oracional.
  • Uso do artigo e dos determinantes.
  • Pronomes persoais tónicos e átonos.
  • Pronomes relativos e interrogativos.
  • Numerais e ordinais.
  • Usos do se.
  • Tempos verbais do indicativo e presente de subxuntivo.
  • Imperativo afirmativo e negativo.
  • Perífrases verbais máis frecuentes.
  • Correlación temporal.
  • Oracións coordinadas e subordinadas.
  • Voz pasiva e estilo indirecto.
  • Conectores discursivos.
  • Estruturas oracionais complexas.
  • Fonética, ortografía e léxico

Tamén se avalía:

  • Pronuncia correcta do sistema fonolóxico.
  • Acentuación e uso do acento diacrítico.
  • Entoación nos diálogos.
  • Uso correcto da puntuación.
  • Separación silábica na escrita.

Vocabulario do Celga 2

O léxico abrangue campos como:

  • Aspecto físico e carácter.
  • Sentimentos e estados de ánimo.
  • Saúde, enfermidades e accidentes.
  • Obxectos e servizos cotiáns.
  • Lecer, tecnoloxía e medio natural.
  • Economía, sociedade e traballo.
  • Aprendizaxe de linguas.
  • Expresións habituais para pedir, desculparse, aconsellar ou expresar tempo.
  • Contidos socioculturais

Todo este temario do Celga 2, traballado con explicacións claras, exercicios prácticos, modelos de exame e preparación específica para cada proba, témolo desenvolvido no curso de CELGA 2 de Cursos.gal.

Que podes ler aquí?

Outros artigos

Busca un termo ou conxuga un verbo