O Celga 3 acredita un nivel intermedio de competencia en lingua galega. É o nivel no que xa se espera que a persoa poida intervir nun conxunto variado de situacións, incluíndo contextos menos previsibles, e que sexa capaz de argumentar, distinguir información principal e secundaria e producir textos cun grao alto de corrección normativa.
Neste artigo tes o temario do Celga 3 ordenado por habilidades e por contidos lingüísticos, para saber exactamente que entra e que debes preparar.
Que nivel de galego acredita o CELGA 3
Quen supera o CELGA 3:
- Desenvolvese con soltura en situacións comunicativas variadas, tamén con certa complexidade.
- Comprende textos orais e escritos máis elaborados e sabe distinguir o esencial do accesorio.
- Escribe e fala con bastante corrección, con estruturas máis flexibles e léxico máis amplo.
- Pode defender un punto de vista sobre cuestións xerais, indicando vantaxes e inconvenientes.
- Está en condicións de traballar e interactuar en ámbitos onde o galego é lingua habitual (por exemplo, en cursos académicos ou intercambios universitarios en Galicia).
Comprensión oral no CELGA 3
No Celga 3 esíxese comprender discursos lingüisticamente máis complexos, con temas concretos e abstractos, e identificar liñas argumentais cando o tema é razoablemente coñecido.
Debes ser capaz de comprender, entre outros:
- Conversas xerais sobre temas variados e pouco previsibles.
- Avisos e informacións en espazos públicos.
- Noticias de televisión (co apoio da imaxe) e programas de radio sobre temas xerais ou coñecidos.
- Explicacións dun guía nunha visita turística ou de traballo.
- Conversas, explicacións e debates da túa área profesional.
- Conversas nas que predomina a argumentación (aínda con algunha limitación).
Comprensión escrita no CELGA 3
A lectura neste nivel é máis autónoma. Espérase un vocabulario amplo e bo dominio das estruturas sintácticas básicas, aínda que poden existir dificultades en períodos moi complexos.
Debes comprender con solvencia textos como:
- Cartas e anotacións persoais con modismos frecuentes.
- Textos xornalísticos informativos e de opinión (xerais ou do teu interese).
- Formularios administrativos diversos.
- Cartas e escritos da túa área profesional.
- Relatorios de áreas coñecidas e o sentido xeral de artigos pouco coñecidos.
- Textos literarios.
Expresión oral no CELGA 3
Na expresión oral espérase un discurso máis sólido: descricións, narracións e exposicións con detalles relevantes, bo control gramatical e uso de oracións de certa complexidade.
Valórase que:
- Manteñas un ritmo de fala bastante uniforme.
- Non cometas erros que provoquen incomprensión.
- Sexas capaz de autocorrixirte.
- Xestiones a quenda de palabra e participes en debates (confirmando comprensión, invitando a participar, etc.).
- Uses mecanismos de cohesión para un discurso coherente.
Situacións típicas que debes saber resolver:
- Reembolsos, trocos, reclamacións e valoración do servizo en hostalaría e comercio.
- Explicar síntomas, pedir información sanitaria e posibilidades de tratamento.
- Argumentar opinións en conversas e debates sobre actualidade ou vida cotiá (con algunha dificultade aceptable).
- Pedir aclaracións nunha visita guiada e orientar visitas.
- Pedir e dar información sobre temas coñecidos.
- Reproducir mensaxes e opinións doutras persoas.
- Facer preguntas nunha conferencia/aula sobre temas previsibles.
- Realizar unha presentación breve sobre un tema coñecido.
Expresión escrita no CELGA 3
Na escrita pídese producir textos claros e estruturados, cun notable dominio ortográfico, morfosintáctico e léxico común, e con cohesión eficaz.
Debes poder:
- Escribir cartas e correos relatando feitos, experiencias e valoracións.
- Redactar informes breves sobre actualidade ou actividade profesional (aínda que poidan requirir revisión).
- Describir con precisión persoas, obxectos, servizos ou situacións.
- Expoñer opinións sinxelas sobre textos lidos/oídos ou vivencias.
- Sintetizar ou reformular información de medios e vida cotiá.
Gramática do CELGA 3
Inclúe todo o dos niveis anteriores e amplía e sistematiza o funcionamento do código. Entre os puntos clave:
- Casos especiais de xénero e número.
- Substantivos e adxectivos: xéneros diferentes, plurais fixos, substantivación, graos.
- Formación de palabras: derivación e composición.
- Cambios de significado pola posición do adxectivo (home bo / bo home).
- Secuencias de determinantes (este meu amigo, algunha outra solución).
- Usos especiais de posesivos: artigo si/non, de meu/de teu, cadanseu.
- Numerais e indefinidos: aproximativos, partitivos, cantidades aproximadas.
- Sistema pronominal: valores, usos e posición; nós/nosoutros, vós/vosoutros.
- Colocación de pronomes átonos en perífrases e complexos verbais (téñoo que facer; seino facer/sei facelo).
- Usos de se: reflexivo, pronominal, impersonal, pasivo.
- Tempos de indicativo e subxuntivo (incluído pretérito) en verbos regulares e irregulares.
- Perífrases de infinitivo, xerundio e participio; participios irregulares.
- Infinitivo conxugado.
- Preposicións e locucións prepositivas; adverbios e locucións adverbiais.
- Marcadores do discurso: inicio, exemplificación, explicación, reformulación, conclusión.
- Oracións complexas, conxuncións coordinantes e subordinantes.
Fonética e ortografía
No CELGA 3 tamén se avalía un maior refinamento:
- Pronuncia de ditongos e hiatos.
- Realizacións consonánticas (nasais, oclusivas/aproximantes, etc.).
- Coñecemento das principais variedades fonéticas do galego.
- Encontros vocálicos e silabación (pronuncia e representación).
- Entoación segundo o tipo de enunciado.
- Uso correcto de maiúsculas e minúsculas.
Léxico do CELGA 3
Abarca ámbitos máis amplos e específicos que en CELGA 2, como:
- Vestimenta, hostalaría, comercio e comidas/bebidas.
- Léxico académico e administrativo.
- Medicina e farmacia.
- Lecer e tempo libre.
- Medio natural e traballo.
- Mundo da cultura, espectáculos e festas.
- Informática.
- Fórmulas de correspondencia (rexistros e formalidade).
Contidos socioculturais
Aquí aumenta a profundidade e a reflexión, co obxectivo de poder argumentar sobre a realidade galega con criterio:
- Economía: sectores produtivos, mundo empresarial.
- Organización política e administrativa: institucións, partidos.
- Situación política e social recente e actual.
- Situación cultural recente e actual.
- Situación lingüística recente e actual en Galicia.

Todo este temario do Celga 3, traballado con explicacións claras, exercicios prácticos, modelos de exame e preparación específica para cada proba, témolo desenvolvido no curso de CELGA 3 de Cursos.gal.


