Se estás pensando en presentarte a unha oposición ou simplemente queres acreditar o teu nivel de galego, quizais non necesites facer unha proba Celga.
A lexislación actual permite validar certos estudos oficiais como equivalentes aos certificados Celga. Neste artigo explicámoscho todo de forma clara e resumida.
En que casos se pode convalidar o Celga?
A Orde do 10 de febreiro de 2014 permite convalidar títulos e estudos previos polos niveis Celga do 1 ao 5, sempre que cumpras as condicións específicas de cada nivel. Estes certificados teñen a mesma validez oficial que os Celga nas convocatorias públicas (agás para obter o Celga 5 directamente).
Validacións Celga 1
Se estudaches en Galicia:
- Ter aprobada a materia de lingua galega en todos os cursos da Primaria ou en 6 cursos da EXB.
Se estudaches fóra de Galicia:
- Ter aprobado galego nos 3 primeiros cursos da ESO no Instituto Vicente Cañada Blanch (Londres).
Se estudaches na EOI:
- Ter o título de nivel básico (A2).
Se cursaches na universidade:
- Curso de galego para estranxeiros ou non galegofalantes realizados antes do 1 de setembro de 2007.
- Nivel básico da UNED (tamén antes de 01/09/2007).
Convalidacións Celga 2
Serán validables polo Certificado de lingua galega 2 (Celga 2):
Se estudaches en Galicia:
- Graduado escolar con toda a EXB cursada en Galicia e galego en todos os cursos.
- Ter aprobado galego en todos os cursos da Primaria + 2 cursos da ESO.
Se estudaches fóra de Galicia:
- ESO + galego no Bierzo ou Sanabria (centros con convenio Galicia-Castela e León).
- Instituto Cañada Blanch: galego en 1º e 2º de bacharelato + optativas de 1º-3º ESO ou Celga 1.
- Colexio Santiago Apóstol (Bos Aires): 7 anos de primaria + 3 de secundaria en galego.
Se estudaches na EOI:
- Ter o título de nivel intermedio (B1).
Se cursaches na universidade:
- Cursos de nivel medio para estranxeiros ou nivel medio da UNED (antes de 01/09/2007).
Convalidacións Celga 3
Serán validables polo Certificado de lingua galega 3 (Celga 3)
Se estudaches en Galicia:
- Ter aprobado galego en todos os cursos da ESO.
- FP básica, diversificación curricular ou PMAR con galego aprobado.
- Titulación por equivalencia co BUP, se se superou galego en 7º e 8º de EXB.
Se estudaches fóra de Galicia:
- ESO e bacharelato con galego no Bierzo/Sanabria (convenio).
- Colexio Santiago Apóstol: galego en 4º e 5º de secundaria + ter CELGA 2.
Se estudaches na EOI:
- Ter o título de nivel avanzado (B2).
Convalidacións Celga 4
Serán validables polo Certificado de lingua galega 4 (Celga 4)
Se estudaches en Galicia:
- Bacharelato ou FP2 completo en Galicia + galego en todos os cursos.
- Bacharelato/FP2 con proba libre + galego superado.
Se estudaches na EOI:
- Ter o título de nivel avanzado (C1)
Se tes outros estudos:
- Curso de especialización para profesorado de EXB.
Convalidacións Celga 5
Non se pode obter directamente a validación do CELGA 5, pero é posible xustificar o nivel en procesos públicos con:
Universidades:
- Licenciatura en Filoloxía galega ou hispánica (subsección galego-portugués).
- Grao en Estudos de galego e español, ou similares.
- Outros títulos + 18 créditos en materias específicas de lingua galega (non literatura, didáctica ou tradución) + CELGA 4.
EOI:
- Certificado C2 ou ciclo superior anterior (Real decreto 47/1992).
Non sempre precisas facer o exame
Antes de inscribirte a unha proba Celga, revisa se o teu título ou estudos poden servir como validación oficial. Podes aforrar tempo, cartos e nervios.
Para máis información, consulta a Orde oficial de 2014 ou contacta con nós en cursos.gal, onde tamén atoparás cursos para preparar os Celga se os precisas.


