Curso

Celga 4. Nivel avanzado do galego

Estado actual

No Inscrito

Precio

99€

Primeros pasos

Benvido/a ao curso de preparación do Celga 4!

Se estás aquí é que queres mellorar o teu galego e acadar unha comunicación fluída en situacións cotiás e profesionais. Este curso darache as ferramentas necesarias para superar as probas do Celga 4 e acadar un nivel avanzado no uso da lingua.

Como funciona o curso?

  • Accede directamente aos módulos e leccións dende esta páxina.
  • Marca o teu progreso a medida que completes cada tema.
  • Fai os cuestionarios e repasa as veces que queiras.

Que é o Celga 4?

O Celga 4 é un dos cinco niveis do sistema de certificación oficial de lingua galega. Acredita un nivel avanzado de coñecemento e úsase para moitas oposicións, postos públicos e traballos que requiren galego.

Con este nivel serás capaz de:

  • Comunicarte de forma fluída e espontánea en situacións cotiás e profesionais.
  • Producir textos detallados e coherentes sobre unha ampla variedade de temas.
  • Comprender textos longos e de certo nivel de dificultade, incluso aqueles con significados implícitos.

Prepara o exame con seguridade!🚀

Agora é o momento de comezar. Colle papel e boli para faceres os teus apuntamentos, escolle un módulo e dá o primeiro paso!

A solución aos xogos

Segundo avances no curso atoparás numersosos xogos. O seu obxectivo é poder aplicar dun xeito sinxelo e dinámico o aprendido na teoría inmediatamente anterior. Se logo de intentalo non dás coa solución, a resposta aparecerá nun símbolo de “?” cando falles 3 veces.

Non confundir cos tests que atoparás ao finalizar moitos dos temas, que están pensados en formato exame e cuxa solución poderás comprobar ao completalo.

Contenido del Curso

Módulo 0. Primeiros pasos cara ao Celga 4 3 Temas

Estado actual

No Inscrito

Precio

99€

Primeros pasos

Busca un termo ou conxuga un verbo

Contenido del Curso

Módulo 0. Primeiros pasos cara ao Celga 4 3 Temas