Blog · En setembro chegan os novos cursos CELGA en Cursos.gal

En setembro chegan os novos cursos CELGA en Cursos.gal

O mes de setembro vén cargado de novidades en Cursos.gal. Estamos a ultimar o lanzamento dos nosos cursos de CELGA 2, CELGA 3 e a actualización do CELGA 4, deseñados para que prepares as probas oficiais con materiais completos, prácticos e pensados para aprender con confianza.

Se queres avanzar no teu galego e obter a certificación oficial, esta é a túa oportunidade.

Que atoparás nos novos cursos Celga?

Cada curso está estruturado para que poidas preparar a proba paso a paso, sen deixar nada ao azar. Os contidos inclúen:

  • Modelos de exames corrixidos para saber que se espera en cada apartado.
  • Xogos interactivos para reforzar vocabulario e gramática de maneira amena.
  • Exercicios con solucións e explicacións detalladas, para aprender dos erros.
  • Apartados completos de gramática, vocabulario e ortografía.
  • Prácticas guiadas de expresión oral e expresión escrita.
  • Recursos para mellorar tanto a comprensión oral como a comprensión escrita.

Todo o que necesitas para chegar preparado ao exame, reunido nun só curso.

Inscricións abertas en setembro

Este setembro arrinca a nova tempada de cursos en Cursos.gal:

Este setembro pode ser o teu momento para dar o paso e certificar o teu galego. Non quedes atrás: inscríbete en Cursos.gal e prepárate cos cursos máis completos para conseguir o Celga.

Que podes ler aquí?

Outros artigos

Busca un termo ou conxuga un verbo

Editar imaxe de usuario

Escolle unha nova imaxe *
Tamaño máximo de arquivo: 1 MB