Blog · Podo convalidar o Celga co título que xa teño? Descúbreo aquí

Podo convalidar o Celga co título que xa teño? Descúbreo aquí

Validacións Celga

Se estás pensando en presentarte a unha oposición ou simplemente queres acreditar o teu nivel de galego, quizais non necesites facer unha proba Celga.

A lexislación actual permite validar certos estudos oficiais como equivalentes aos certificados Celga. Neste artigo explicámoscho todo de forma clara e resumida.

En que casos se pode convalidar o Celga?

A Orde do 10 de febreiro de 2014 permite convalidar títulos e estudos previos polos niveis Celga do 1 ao 5, sempre que cumpras as condicións específicas de cada nivel. Estes certificados teñen a mesma validez oficial que os Celga nas convocatorias públicas (agás para obter o Celga 5 directamente).

Validacións Celga 1

Se estudaches en Galicia:

  • Ter aprobada a materia de lingua galega en todos os cursos da Primaria ou en 6 cursos da EXB.

Se estudaches fóra de Galicia:

  • Ter aprobado galego nos 3 primeiros cursos da ESO no Instituto Vicente Cañada Blanch (Londres).

Se estudaches na EOI:

  • Ter o título de nivel básico (A2).

Se cursaches na universidade:

  • Curso de galego para estranxeiros ou non galegofalantes realizados antes do 1 de setembro de 2007.
  • Nivel básico da UNED (tamén antes de 01/09/2007).

Convalidacións Celga 2

Serán validables polo Certificado de lingua galega 2 (Celga 2):

Se estudaches en Galicia:

  • Graduado escolar con toda a EXB cursada en Galicia e galego en todos os cursos.
  • Ter aprobado galego en todos os cursos da Primaria + 2 cursos da ESO.

Se estudaches fóra de Galicia:

  • ESO + galego no Bierzo ou Sanabria (centros con convenio Galicia-Castela e León).
  • Instituto Cañada Blanch: galego en 1º e 2º de bacharelato + optativas de 1º-3º ESO ou Celga 1.
  • Colexio Santiago Apóstol (Bos Aires): 7 anos de primaria + 3 de secundaria en galego.

Se estudaches na EOI:

  • Ter o título de nivel intermedio (B1).

Se cursaches na universidade:

  • Cursos de nivel medio para estranxeiros ou nivel medio da UNED (antes de 01/09/2007).

Convalidacións Celga 3

Serán validables polo Certificado de lingua galega 3 (Celga 3)

Se estudaches en Galicia:

  • Ter aprobado galego en todos os cursos da ESO.
  • FP básica, diversificación curricular ou PMAR con galego aprobado.
  • Titulación por equivalencia co BUP, se se superou galego en 7º e 8º de EXB.

Se estudaches fóra de Galicia:

  • ESO e bacharelato con galego no Bierzo/Sanabria (convenio).
  • Colexio Santiago Apóstol: galego en 4º e 5º de secundaria + ter CELGA 2.

Se estudaches na EOI:

  • Ter o título de nivel avanzado (B2).

Convalidacións Celga 4

Serán validables polo Certificado de lingua galega 4 (Celga 4)

Se estudaches en Galicia:

  • Bacharelato ou FP2 completo en Galicia + galego en todos os cursos.
  • Bacharelato/FP2 con proba libre + galego superado.

Se estudaches na EOI:

  • Ter o título de nivel avanzado (C1)

Se tes outros estudos:

  • Curso de especialización para profesorado de EXB.

Convalidacións Celga 5

Non se pode obter directamente a validación do CELGA 5, pero é posible xustificar o nivel en procesos públicos con:

Universidades:

  • Licenciatura en Filoloxía galega ou hispánica (subsección galego-portugués).
  • Grao en Estudos de galego e español, ou similares.
  • Outros títulos + 18 créditos en materias específicas de lingua galega (non literatura, didáctica ou tradución) + CELGA 4.

EOI:

  • Certificado C2 ou ciclo superior anterior (Real decreto 47/1992).

Non sempre precisas facer o exame

Antes de inscribirte a unha proba Celga, revisa se o teu título ou estudos poden servir como validación oficial. Podes aforrar tempo, cartos e nervios.

Para máis información, consulta a Orde oficial de 2014 ou contacta con nós en cursos.gal, onde tamén atoparás cursos para preparar os Celga se os precisas.

Que podes ler aquí?

Outros artigos