199,00 € O prezo orixinal era: 199,00 €.99,00 €O prezo actual é: 99,00 €.
Curso nivel Celga 3. Galego intermedio
Consolida o teu galego e gaña soltura para usalo con confianza na túa vida cotiá ou profesional. Este curso axudarache a mellorar a comprensión, expresarte con máis corrección e afrontar o exame Celga 3 sen medo.
Pensado para quen xa ten unha base e quere avanzar cara a un uso máis fluído e natural da lingua. Cun enfoque práctico, paso a paso, verás como o galego deixa de ser un reto e convértese nunha ferramenta útil e gratificante.
11
Módulos
71
Leccións
32
Tests
55
Materiais e xogos
Queres consolidar o teu galego e avanzar cara a un uso autónomo e correcto? Este curso é para ti. O obxectivo non é só aprobar un exame: é que comeces a sentir seguridade usando o galego no día a día, tanto oral como por escrito.
Aquí aprenderás o galego que necesitas para:
✅ Expresáreste con máis corrección e soltura que no nivel iniciación.
✅ Comprenderes textos e conversas de certa complexidade.
✅ Superares o exame oficial do Celga 3.
É un curso ideal para quen xa ten unha base, pero entende que aínda lle falta fluidez, vocabulario ou seguridade. Tanto se precisas o título para traballar ou opositar, coma se queres mellorar por motivación persoal, este curso darache as ferramentas que necesitas.
Que é o Celga 3?
O Celga 3 é un dos cinco niveis oficiais de certificación da lingua galega. Correspóndese cun nivel intermedio (equivalente ao B2 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas).
Este nivel certifica que podes:
- Comprenderes textos e mensaxes orais sobre temas habituais, tanto no ámbito persoal coma no profesional.
- Manexáreste en situacións da vida diaria, cun vocabulario máis rico e estruturas máis variadas.
- Expresáreste de forma clara e relativamente precisa, aínda que con algunhas limitacións.
Que che permite facer este curso?
Unha vez rematado, serás quen de:
- Participar en conversas sobre temas cotiáns e profesionais.
- Comprender textos de dificultade media, tanto orais coma escritos.
- Escribir textos sinxelos con certa corrección e organización.
- Aumentar o teu vocabulario e evitar os erros máis frecuentes.
- Afrontar o exame Celga 3 con confianza e boa preparación.
A quen vai dirixido?
Este curso é para ti se:
- Queres superar o exame oficial do CELGA 3.
- Tes unha base de galego pero sentes que aínda non o dominas.
- Necesitas mellorar para traballar ou presentarte a unha oposición.
- Levas tempo sen usar o galego e queres recuperalo.
- Buscas unha formación intermedia, nin moi básica nin avanzada.
Que vas atopar dentro?
Moitas cousas, entre elas:
📚 Contidos teóricos para aprender ou mellorar o teu galego.
📝 Tests con preguntas sobre o aprendido. Cada resposta está explicada, polo que coñecerás por que está ben ou mal.
🖲️ Xogos exclusivos feitos por nós para que a aprendizaxe sexa máis amena.
📹 Vídeos e audios de múltiples fontes e plataformas, escollidos pola súa calidade e valor.
📈 Modelos de exames explicados orais e escritos.
❓ Soporte e resolución de dúbidas. Todos os cursos de cursos.gal inclúen un sistema de Preguntas e Respostas aberto a todas as persoas que adquirades o curso, dentro do prezo.
Requisitos mínimos recomendados
É recomendable que xa teñas certos coñecementos previos da lingua:
- Ser quen de manter unha conversa sinxela.
- Coñecer as estruturas básicas da gramática galega.
- Entender textos breves ou instrucións habituais.
- Se partes de cero ou case cero, recomendámosche comezar polo curso de nivel iniciación (Celga 2). Se xa tes un bo nivel, aposta polo nivel avanzado (Celga 4).
O curso actualizarase?
O curso irase actualizando co paso do tempo. Por exemplo: máis cuestionarios, explicacións avanzadas nas respostas dos cuestionarios, máis modelos de exame etc. Merques cando merques o curso, terás acceso garantido a todas as actualizacións futuras.
O curso subirá de prezo?
Si. Co paso do tempo desde o lanzamento o curso irá subindo de prezo, reciba actualizacións e desactivemos o desconto inicial.
Mais non te preocupes, se xa estás dentro isto non che afecta. Non terás que pagar máis a futuro. Para iso, anótate na lista de espera.
Máis información sobre os contidos
A Xunta de Galicia ten publicado os niveis de competencia a acadar en cada un dos cursos Celga e mais a guía para as persoas candidatas. Podes consultar os documentos oficiais nas seguintes ligazóns: niveis de competencia e guía para as persoas candidatas.

Evita os erros que máis se repiten nos exames de galego. Este ebook recolle 50 fallos léxicos habituais e explícache como corrixilos de forma sinxela. Mellora o teu galego e gaña puntos sen estudar máis.
Cada entrada inclúe o erro, a forma correcta e unha explicación sinxela para que entendas por que se considera incorrecta e como evitala. Aproveita!Contidos do curso
Tema. Recursos útiles para o galego
Neste curso vas aprender moito sobre a lingua galega, pero non estarás só/soa. Existen recursos de calidade que te poden acompañar en cada paso. Nesta lección recompilámolos.
Tema. Galego no día a día
Nesta lección recomendámosche canles, medios e formatos para que o galego te acompañe fóra da aula: no sofá, no móbil, na túa rutina diaria.
Tema. Como son as probas do Celga 3?
Como é a proba real: canto dura, que partes ten, como se estrutura, que se espera de ti… Así, poderás organizar mellor o teu tempo e o teu estudo.
Tema. O xénero dos substantivos
O galego, como outras linguas románicas, distingue dous xéneros gramaticais: masculino e feminino. O xénero non sempre coincide co sexo ou coa distinción natural e hai regras —pero tamén moitas excepcións— que cómpre coñecer.
Tema. O número dos substantivos
En galego, o plural dos substantivos fórmase seguindo unhas normas claras pero hai casos especiais que cómpre coñecer. Saber formar o plural correctamente é fundamental para escribir con corrección e claridade.
Tema. A formación de palabras: derivación e composición
En galego, igual que noutras linguas, podemos crear palabras novas engadindo elementos a unha base. A derivación e a composición.
Tema. Os usos do adxectivo
O adxectivo é a palabra que acompaña ao substantivo para cualificalo, describilo ou precisar algunha das súas características. É unha peza fundamental para dar cor, matiz e riqueza á lingua.
Tema. Os artigos
O artigo é o determinante que acompaña ao substantivo para indicar se se refire a algo coñecido ou descoñecido para o falante e o oínte. Descubre cales existen en galego.
Tema. Os demostrativos
Os demostrativos son determinantes que indican a posición dun elemento respecto do falante e do oínte. Aprende como se usan.
Tema. Posesivos
Nesta lección vas aprender as formas e usos dos determinantes posesivos e, ademais, veremos valores especiais que teñen en galego.
Tema. Os numerais e os indefinidos
Nesta lección imos ver como se usan os determinantes numerais e indefinidos en galego, incluíndo expresións de cantidades aproximadas, partitivas e aproximativas.
Tema. Presente de indicativo
O presente de indicativo é un dos tempos verbais máis usados en galego. Aprende como se usa en verbos regulares, semirregulares e irregulares.
Tema. Copretérito de indicativo
O copretérito de indicativo úsase para expresar accións do pasado que eran habituais. Aprende como se usa en verbos regulares, semirregulares e irregulares.
Tema. Pretérito de indicativo
O pretérito de indicativo úsase para expresar accións rematadas nun momento concreto do pasado. Aprende como se usa en verbos regulares, semirregulares e irregulares.
Tema. Antepretérito de indicativo
O antepretérito de indicativo úsase para expresar accións pasadas anteriores a outra acción pasada. Aprende como se usa en verbos regulares, semirregulares e irregulares.
Tema. Futuro de indicativo
O futuro de indicativo permítenos falar de accións que aínda non ocorreron, pero que pensamos, cremos ou sabemos que pasarán. Aprende como se usa en verbos regulares, semirregulares e irregulares.
Tema. Pospretérito de indicativo
O pospretérito de indicativo é o tempo verbal que usamos para falar de cousas que ocorrerían baixo certas condicións. Aprende como se usa en verbos regulares, semirregulares e irregulares.
Tema. Presente de subxuntivo
O presente de subxuntivo é un tempo verbal que empregamos para falar de feitos que non son seguros, que expresan desexos, posibilidades, intencións ou ordes indirectas. Aprende como se usa en verbos regulares, semirregulares e irregulares.
Tema. Pretérito de subxuntivo
O pretérito de subxuntivo é un tempo verbal que se emprega para expresar accións pasadas hipotéticas, dubidosas, desexadas ou condicionadas. Aprende como se usa en verbos regulares, semirregulares e irregulares.
Tema. Infinitivo conxugado
O infinitivo conxugado é unha forma verbal única que distingue o galego (e o portugués) doutras linguas románicas.
Tema. Formas e usos dos participios irregulares
Participios nos verbos irregulares. Verbos con varios participios.
Tema. Perífrases verbais
Unha perífrase verbal é a combinación de dous verbos que funcionan como unha única unidade de significado. Moi usadas en galego.
Tema. Pronomes tónicos
Dominar os pronomes tónicos é aprender a falar de ti, de min e de nós coas palabras máis simples e máis poderosas da lingua.
Tema. Pronomes átonos. valores, usos e posición de formas
Se sabes usar ben os pronomes átonos, tes medio exame gañado: a música do galego está nos detalles!
Tema. Colocación dos pronomes átonos
Colocar ben un pronome é como poñer a peza que falta nun crebacabezas: se encaixa, todo cobra sentido. En galego, a posición dos pronomes átonos non é libre, senón que depende do tipo de oración
Tema. Usos do pronome “se”
O pronome se é un dos máis versátiles do galego. Segundo o contexto, pode expresar valores diferentes: reflexivo, pronominal, de impersonalidade ou pasivo.
Tema. Usos das preposicións e locucións prepositivas
As palabras non sempre van soas: precisan pontes que as unan e dean sentido ao camiño. As preposicións son como pegamento que conecta un verbo cun complemento, un substantivo con outro ou un adxectivo cun substantivo.
Tema. Usos de adverbios e locucións adverbiais
Unha soa palabra pode cambiar por completo o ton dunha frase: esa palabra adoita ser un adverbio. Engaden información sobre o lugar, o tempo, o modo, a cantidade, a afirmación, a negación ou a dúbida.
Tema. Conxuncións
As conxuncións son como as pontes: unen palabras e oracións para que o discurso avance sen romperse. Grazas ás conxuncións, podemos engadir información, opoñer ideas, explicar causas ou marcar condicións.
Tema. Conectores
Un bo texto non é só o que di, senón como enlaza o que di. Os conectores son un dos elementos máis importantes á hora de escribir ou falar é a capacidade de organizar o discurso con claridade.
Tema. Acentuación
Poñer acentos en galego non é difícil se sabes cando facelo. Se ti tamén dubidas cada vez que escribes, aquí tes unha guía sinxela para aprenderes a acentuar en galego dunha vez por todas.
Tema. Terminación -zo/-za
A ortografía tamén consiste en saber escoller a grafía correcta cando dúas formas parecen posibles. En galego conviven formas que rematan en -cio/-cía (cultas) e outras que rematan en -zo/-za (populares ou patrimoniais).
Tema. Grupos consonánticos –cc– e –ct–
Os grupos consonánticos –cc– e –ct– son característicos na lingua galega e o seu uso responde a patróns ben definidos. Dominar estas regras é fundamental para evitar erros comúns.
Tema. Outros grupos consonánticos
Unha soa letra pode marcar a diferenza entre escribir ben ou cometer un castelanismo. En galego existen varios grupos consonánticos que se manteñen con frecuencia en posición interior da palabra.
Tema. Uso de maiúsculas e minúsculas
Coñecer e aplicar correctamente estas normas axudarache a mellorar a presentación dos teus textos, evitar erros comúns e escribir con máis seguridade e profesionalidade.
Un bo dominio do vocabulario é esencial para comunicar ideas con claridade, seguridade e naturalidade en galego.
Tema. Léxico da vestimenta
Aprender vocabulario sobre a vestimenta é abrir a porta a moitas situacións da vida diaria: ir de compras, describir como imos vestidos, falar do tempo ou contar costumes e tradicións.
Tema. Léxico da alimentación
Dime que comes e direiche como falas! A gastronomía galega tamén se aprende coa lingua. Nesta lección vas descubrir o vocabulario esencial para falar dos alimentos e da comida.
Tema. Léxico da medicina e da farmacia
Unha lingua tamén se necesita cando nos doe algo: saber explicar ben unha doenza pode marcar a diferenza. Nesta lección vas aprender o vocabulario esencial para falar da saúde e das enfermidades.
Tema. Léxico da medicina
Xogar e facer deporte non é só diversión: tamén é unha forma de compartir palabras, regras e emocións. Nesta lección vas aprender o vocabulario básico relacionado cos xogos e os deportes.
Tema. Léxico da natureza
A lingua tamén é unha maneira de nomear o mundo: canto máis vocabulario coñezas, máis rica será a túa mirada sobre a natureza. Nesta lección vas aprender o vocabulario fundamental para falar da paisaxe natural e dos seus principais elementos
Tema. Léxico comercial
Desde a linguaxe que usamos nas tendas e empresas até os termos específicos da produción e o traballo, contar cun vocabulario preciso e actualizado pode marcar a diferenza á hora de comunicarnos de maneira efectiva neste ámbito.
Tema. Léxico da administración
As institucións e os organismos públicos regulan a sociedade e o funcionamento do Estado. Nesta lección aprenderás o vocabulario clave sobre administracións públicas, sistemas políticos, poderes do Estado, procesos electorais e cargos institucionais.
Tema. Léxico do traballo
Coñecer os nomes das profesións é abrir unha xanela á vida real: todas e todos facemos algo e todas esas actividades teñen nome. Nesta lección vas descubrir o vocabulario relacionado co mundo laboral e profesional.
Tema. Léxico das festas e tradicións
As festas son unha parte esencial da cultura galega, chea de tradicións, rituais e celebracións únicas. Nesta lección exploraremos o vocabulario máis importante relacionado coas principais festividades do noso calendario.
Tema. Léxico da informática
Nesta lección imos incorporar o vocabulario básico da informática e a computación, as palabras máis habituais relacionadas con internet e as redes sociais, así como termos de seguridade informática que precisas para expresarte neste ámbito.
Tema. Guía práctica da proba escrita do Celga 3
Se sabes contalo, sabes defendelo. E se sabes defendelo, xa tes medio exame aprobado! A proba escrita do Celga 3 é, para moitas persoas, o momento máis esixente do exame.
Tema. Como redactar os diferentes tipos de texto
Nesta lección imos ver pautas claras e exemplos prácticos para que saibas como comezar, desenvolver e pechar os diferentes tipos de texto máis frecuentes no exame: correos electrónicos, artigos de opinión e entradas de blog.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria maio – xuño 2023
Nesta lección poñemos á túa disposición o modelo oficial da proba escrita do Celga 3 correspondente á convocatoria de maio-xuño de 2023.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria novembro 2023
Nesta lección tes o modelo oficial da proba escrita do Celga 3 correspondente á convocatoria de novembro de 2023.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria maio – xuño 2022
Nesta lección tes o modelo oficial da proba escrita do Celga 3 correspondente á convocatoria de maio – xuño de 2022.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria novembro 2022
Nesta lección tes o modelo oficial da proba escrita do Celga 3 correspondente á convocatoria de novembro de 2022.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria maio – xuño 2021
Nesta lección tes o modelo oficial da proba escrita do Celga 3 correspondente á convocatoria de maio – xuño de 2021.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria novembro 2021
Nesta lección tes o modelo oficial da proba escrita do Celga 3 correspondente á convocatoria de novembro de 2021.
Tema. Modelo da proba escrita da convocatoria setembro 2020
Nesta lección tes o modelo oficial da proba escrita do Celga 3 correspondente á convocatoria de setembro de 2020.
Tema. As vogais: como pronunciar correctamente en galego
Escoitar ben para falar mellor. A fonética tamén se adestra! Nesta lección aprenderás a escoitar e recoñecer ben estas sete vogais, o primeiro paso para ter unha pronuncia clara e natural en galego.
Tema. As consonantes: como pronunciar correctamente en galego
A maioría das consoantes do galego pronúncianse de forma semellante ao castelán estándar, polo que se cadra xa tes moito camiño feito. Porén, hai algunhas letras que teñen un son característico propio do galego e é importante coñecelo e interiorizalo para falar con naturalidade.
Tema. A entoación afirmativa, negativa e interrogativa
Unha parte fundamental de como soa o galego está na entoación: ese movemento musical da voz que fai que unha frase se entenda como afirmación, pregunta ou exclamación.
Tema. Variedades fonéticas do galego
O galego non se fala igual en todo o territorio. A nosa lingua presenta unha riqueza dialectal que é mostra da súa vitalidade e da súa historia. Estas diferenzas non afectan á unidade do idioma, mais si amosan matices na pronuncia, segundo a zona.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria maio – xuño 2023
Nesta lección tes dispoñible para descargar un modelo oficial de proba oral do Celga 4. O obxectivo é que te familiarices coa estrutura, os tempos e os tipos de tarefas que aparecen no exame real.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria novembro 2023
Velaquí tes o modelo da convocatoria de novembro de 2023 do Celga 4. O obxectivo é que poidas practicar a fondo, coñecer as tarefas con antelación e descubrir que tipos de textos, temas e preguntas aparecen no exame oficial.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria maio – xuño 2022
Velaquí tes o modelo da convocatoria de maio – xuño de 2022 do Celga 4.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria novembro 2022
Velaquí tes o modelo da convocatoria de novembro de 2022 do Celga 4.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria maio – xuño 2021
Velaquí tes o modelo da convocatoria de maio – xuño de 2021 do Celga 4.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria novembro 2021
Velaquí tes o modelo da convocatoria de novembro de 2021 do Celga 4.
Tema. Modelo da proba oral. Convocatoria setembro 2020
Velaquí tes o modelo da convocatoria de setembro de 2020 do Celga 4.
Tema. Quen somos: identidade galega
Para entender a lingua galega tamén cómpre coñecer a historia e a cultura que a acompañan. O galego é un pobo cunha identidade propia, formada ao longo dos séculos e expresada na súa lingua, nas súas tradicións e nos seus símbolos.
Tema. Cinco fitos para entender Galicia
A historia de Galicia é longa e complexa, pero hai algúns momentos clave que axudan a comprender como se foi formando a identidade do país. Nesta lección imos resumir cinco fitos fundamentais que marcan a evolución política, cultural e lingüística de Galicia.
Tema. Literatura galega: das cantigas a hoxe
A literatura galega é unha das expresións máis claras da nosa identidade. A través dela podemos ver como o idioma e a cultura resistiron épocas difíciles e como se renovaron para chegar ata o presente.
Tema. Música tradicional e moderna
A música é unha das mellores formas de coñecer a alma dun pobo. En Galicia a tradición musical estivo sempre presente: nas festas, no traballo, nas romarías e tamén na transmisión oral de xeración en xeración.
Tema. Festas e tradicións populares
As festas galegas son moito máis que celebracións ocasionais. Son momentos nos que a comunidade se reúne, revive costumes transmitidos durante séculos e dá continuidade a crenzas antigas que se mesturan coa vida moderna.
Tema. Patrimonio e lugares emblemáticos
Galicia é un territorio cheo de historia, arte e natureza. O seu patrimonio non se limita ás cidades e monumentos recoñecidos pola UNESCO, senón que abrangue tamén aldeas, montañas, rías e paisaxes únicas.
Nunca máis quedarás con dúbidas.
Todos os cursos de cursos.gal inclúen un sistema de Preguntas e Respostas aberto a todas as persoas que adquirades o curso, dentro do prezo.
Ti preguntas. O equipo docente responde.
E non só iso: as respostas quedan gardadas e son accesibles para todas e todos os inscritos do teu nivel, creando unha base de coñecemento real, baseada en dúbidas reais.
Que significa isto na práctica:
- Se tes unha dúbida, resólvese.
- Se outro alumno xa a tivo, podes aprender del.
- Se aparecen patróns de erro, verás como se resolven.
Son explicacións claras, revisadas polo equipo de cursos.gal e centradas no que realmente importa.
Podes buscar entre preguntas, filtrar por tipo de dúbida (gramática, léxico, exames…) e atopar rápido o que necesitas.
Canto máis se usa, máis valor ten.

Evita os erros que máis se repiten nos exames de galego. Este ebook recolle 50 fallos léxicos habituais e explícache como corrixilos de forma sinxela. Mellora o teu galego e gaña puntos sen estudar máis.
Cada entrada inclúe o erro, a forma correcta e unha explicación sinxela para que entendas por que se considera incorrecta e como evitala. Aproveita!Preguntas frecuentes
[Novidade marzo 2026!] Soporte a dúbidas. Preguntas e respostas do teu nivel
Nunca máis quedarás con dúbidas.
Todos os cursos de cursos.gal inclúen un sistema de Preguntas e Respostas aberto a todas as persoas que adquirades o curso, dentro do prezo.
Ti preguntas. O equipo docente responde.
E non só iso: as respostas quedan gardadas e son accesibles para todas e todos os inscritos do teu nivel, creando unha base de coñecemento real, baseada en dúbidas reais.
Que significa isto na práctica:
- Se tes unha dúbida, resólvese.
- Se outro alumno xa a tivo, podes aprender del.
- Se aparecen patróns de erro, verás como se resolven.
Son explicacións claras, revisadas polo equipo de cursos.gal e centradas no que realmente importa.
Podes buscar entre preguntas, filtrar por tipo de dúbida (gramática, léxico, exames…) e atopar rápido o que necesitas.
Canto máis se usa, máis valor ten.
Teño algún extra alén do curso?
Tes dispoñible un dicionario de galego e un conxugador verbal completo sen saír da plataforma. Podes usalo todas as veces que queiras, mentres estudas, redactas, fas tests ou consultas contidos.
É un desenvolvemento propio desde cero co obxectivo de facilitar a rápida consulta de dúbidas. Non existe ningunha solución comercial similar que permita facer consultas sen abandonar a plataforma. Houbo que deseñar unha arquitectura técnica propia, procesado e visualización optimizada.
Logo de mercalo, ata cando poderei acceder ao curso?
Unha vez que merques o curso poderás acceder a el sempre que queiras coa túa conta de usuario, as veces que desexes e no intre que precises.
Para ser máis claros. Tes acceso ao curso de por vida. Entende isto como que non hai data de peche ou finalización. Garantímosche un mínimo de 24 meses, que é o tempo polo que contratamos inicialmente dominio da web. Pero seguro que se renova.
Imaxina que mercas un curso para facer un exame e, por desgraza, non o superas. Non te preocupes que poderás volver cursalo para preparar a seguinte convocatoria sen ter que volver mercalo.
Aínda que é posible que se fas o que che propoñemos e estudas duro, non teñas que repetilo!
Se o curso se actualiza, terei acceso á nova versión?
Rotundamente si.
O noso obxectivo é ir mellorando o curso co paso do tempo grazas aos comentarios das persoas que o vaian facendo. Se cadra con algún novo descargable, inserción de vídeos ou aumento dos exemplos.
Informarémoste destas actualizacións e terás acceso a elas coa túa conta de usuario.
Como é o curso por dentro? Podo velo?
Fasme un resumo dos termos e das condicións de venda?
- Entrega inmediata. Unha vez completada a compra, recibirás acceso ao curso.
- Visualizacións ilimitadas. Poderás ver o curso tantas veces como queiras desde a túa conta de usuario.
- Sen reembolsos. Dado que se trata dun produto dixital de acceso inmediato, non se admiten devolucións nin reembolsos. Unha vez realizada a compra, o acceso ao contido non pode revogarse.
- Pagamento seguro. A compra realízase mediante tarxeta de crédito ou débito a través dunha pasarela de pagamento segura (STRIPE).
- Non inclúe titorización individual nin asesoramento personalizado. Para resolver dúbidas, dispós dunha sección de Preguntas e Respostas onde podes enviar consultas e recibir respostas do equipo docente, visibles para todo o alumnado do teu nivel. Este sistema está pensado para dúbidas concretas sobre o que estás a estudar e non garante resposta inmediata nin atención individualizada.
Se tes dúbidas antes de comprar, podes escribirnos a info@cursos.gal e responderemos o antes posible. Tamén podes revisar a política de compra completa aquí.
Valoración do curso

Evita os erros que máis se repiten nos exames de galego. Este ebook recolle 50 fallos léxicos habituais e explícache como corrixilos de forma sinxela. Mellora o teu galego e gaña puntos sen estudar máis.
Cada entrada inclúe o erro, a forma correcta e unha explicación sinxela para que entendas por que se considera incorrecta e como evitala. Aproveita!






Reseñas
Aínda non hai valoracións.